From Wikipedia, the free encyclopedia
A fibroína é unha proteína producida polo verme da seda (larva do lepidóptero Bombyx mori) e as arañas [1], que é o compoñente principal do fío de seda.
O fío de seda componse de dúas proteínas principais: a fibroína e a sericina. A fibroína forma o centro estrutural da seda; e a sericina, o material pegañento que a rodea, pero que se perde ao cocer os casulos do verme para extraer o fío de seda.
A proteína fibroína ten un peso molecular de entre 350.000 e 415.000 daltons.[2] está constituída por capas superpostas de láminas beta antiparalelas, que están separadas alternadamente 0,35 nm nunha capa e 0,57 nm na seguinte. A súa estrutura primaria componse principalmente da secuencia de aminoácidos repetida (Gly-Ser-Gly-Ala-Gly-Ala) no verme da seda. A alta proporción de glicina (Gly) e alanina (Ala), que son aminoácidos con cadeas laterais pequenas, fan posible a embalaxe hermética das láminas, o que contribúe á dar a estrutura ríxida da seda, que non se pode estirar (resistencia á tracción), para o cal habería que romper enlaces covalentes. As láminas permanecen xuntas por enlaces febles doadamente modificables, o que lle dá á seda a súa flexibilidade.[3] A combinación de rixidez e resistencia fan que o material sexa aplicable en varias áreas, como a biomedicina e a fabricación téxtil.
A fibroína disponse formando tres posibles estruturas, chamadas seda I, II e III.
A fibroína foi caracterizada por difracción de raios X e outras técnicas [5]
A fibroína, ademais de na industria téxtil da seda, ten moitas posibles aplicacións. Estúdase a súa aplicación para fabricar membranas que se poden utilizar como matrices para aplicacións biomédicas, para dirixir a rexeneración de tecidos ou apósitos para queimados, e comprobouse que xeran pouca resposta inflamatoria.[6] Tamén se fabricaron nanofibras de fibroína para cultivos celulares, que poderían ter aplicacións biomédicas [7].
O xene da fibroína foi clonado [8] e preparáronse mapas de restrición.[9]. O xene da fibroína foi clonado experimentalmente en bacterias e mesmo en cabras, que a producen no seu leite.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.