Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os escaravellos bombardeiros son escaravellos carábidos pertencentes ás tribos Brachinini, Paussini, Ozaenini ou Metriini (en total máis de 500 especies) que se caracterizan por ter un mecanismo de defensa que consiste en exectar (bombardear) contra os animais que os ameazan un chorro de produtos químicos desagradables e irritantes desde o extremo do seu abdome, que fan un ruído ao saír. Por tanto, o nome non coresponde a unha especie, senón a moitas que teñen este comportamento e que pertencen a distintos taxons de carábidos.
Escaravello bombardeiro | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brachinus sp. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Tribos | |||||||||||
Tribos con especies bombardeiras:
Brachinini |
O spray que botan prodúcese por unha reacción entre dous compostos químicos hipergólicos, a hidroquinona e o peróxido de hidróxeno, que se almacenan en dous depósitos do abdome do escaravello. Cando a solución acuosa de hidroquinonas e peróxido de hidróxeno chega ao que Eisner chamou "vestíbulo", uns catalizadores facilitan a descomposición do peróxido de hidróxeno e a oxidación da hidroquinona.[1] A calor producida pola reacción leva a mestura preto do punto de ebulición da auga e produce gas que causa a exección. Os danos causados poden ser mortais para os insectos atacados. Algúns escaravellos bombardeiros poden dirixir o spray en moitas posibles direccións.
Esta capacidade fisiolóxica dos escaravellos bombardeiros foi posta por biólogos como un exemplo de evolución paso a paso.[2]
Os escaravellos bombardeiros habitan en todos os continentes agás na Antártida.[3] Viven normalmente en bosques ou pradeiras de zonas temperadas, pero poden encontrarse tamén noutros ambientes se teñen lugares húmidos onde poñer os ovos.
A maioría das especies de escaravellos bombardeiros son carnívoras, incluíndo as larvas.[4] Cazan outros insectos pola noite, pero adoitan congregarse con outros da súa especie cando non están buscando activamente comida.[5]
Teñen dúas grandes glándulas que se abren no extremo do seu abdome, que producen o spray. Cada glándula está composta por un vestíbulo de paredes grosas que contén unha mestura de catalases e peroxidases producida polas células secretoras que tapizan o vestíbulo. Ambas as glándulas comprenden un depósito de paredes finas e compresible que contén unha solución acuosa de hidroquinonas e peróxido de hidróxeno.[1]
Cando o escaravello se sente ameazado por outro animal, abre unha válvula que permite que a solución acuosa do depósito chegue ao vestíbulo. As catalases que tapizan a parede do vestíbulo facilitan a descomposicón rápida do peróxido de hidróxeno, como indica esta reacción:
Os encimas peroxidases facilitan a oxidación das hidroquinonas a quinonas (o benceno-1,4-diol convértese en 1,4-benzoquinona e analogamente para a metil hidroquinona), como indica esta reacción:
A reacción neta que se produce como suma das dúas anteriores reaccións teóricas é:[1]
Esta reacción é moi exotérmica e a enerxía que libera sobe a temperatura da mestura a case 100 °C, vaporizando aproximadamente unha quinta parte dela. A presión resultante acumúlase e forza ás válvulas de entrada das cámaras de almacenamento dos reactivos a pecharse, protexendo así os órganos internos do escaravello. O líquido fervente e de mal cheiro expúlsase violentamente por unha válvula de saída, xerando un ruído. As glándulas dos escaravellos almacenan hidroquinona e peróxido de hidróxeno dabondo como para permitir que o escaravello libere o seu spray químico unhas 20 veces seguidas. Nalgúns casos isto é suficiente para matar ao invertebrado predador.[6] O principal compoñente do spray do escaravello é a 1,4-benzoquinona, un irritante para os ollos e o sistema respiratorio de vertebrados, polo que fai fuxir a predadores vertebrados.
O fluxo de reactivos na cámara de reacción e a subseguinte exección ocorren nunha serie duns 70 pulsos, a unha velocidade de 500 pulsos por segundo. A secuencia completa de eventos tarda só unha fracción de segundo. Estas pulsacións son causadas por repetidas microexplosións que son o resultado da presión continua no depósito e a apertura e peche oscilatorio da válvula que controla o acceso á cámara de reacción. Este mecanismo pulsado é beneficioso para a supervivencia dos escaravellos porque o sistema usa a presión en lugar da contracción muscular para exectar o spray a unha velocidade constante, aforrando a enerxía do escaravello. Ademais, a reintrodución de novos reactivos no vestíbulo onde se almacenan os encimas, reduce a temperatura da cámara, protexendo dese modo as peroxidases e catalases dunha desnaturalización térmica.[7]
O que normalmente fai o escaravello é xirar o corpo para dirixir o chorro cara ao lugar aonde está o que desencadeou a resposta. As aperturas das glándulas dalgúns bombardeiros africanos poden xirar uns 270° e apuntar entre as patas do insecto, descargando o fluído en moitas posibles direccións con grande exactitude.[8]
A historia evolutiva completa deste mecanismo de defensa único descoñécese, pero os biólogos explican que o sistema puido ter evolucionado a partir das defensas que se encontran noutros escaravellos por selección natural.[9][10] Concretamente, os compostos de quinona son uns precursores químicos da esclerotina, unha substancia marrón producida polos escaravellos e outros insectos para endureceren o seu exoesqueleto.[11] Algúns escaravellos almacenan ademias o exceso de quinonas fedorentas, incluíndo a hidroquinona, en pequenos sacos baixo a pel como un disuasivo contra predadores, e todos os carábidos (tanto os que son bombardeiros coma os que non) teñen este tipo de organización. Algúns escaravellos ademais mesturan o peróxido de hidróxeno, un subproduto común do metabolismo das células, coa hidroquinona; algunhas das catalases que existen na maioría das células fan o proceso máis eficiente. A reacción química produce calor e presión e algúns escaravellos aproveitan esta última para expulsar os compostos sobre a pel, como é o caso de Metrius contractus, que produce unha descarga escumosa cando o atacan.[12] Nos escaravellos bombardeiros os músculos que impiden a filtración de fluídos desde os depósitos desenvolveron adicionalmente unha válvula que permite unha descarga máis controlada do veleno e o seu alongado abdome permite un mellor control da dirección de descarga.[9][10]
A combinación única de características dos mecanismos de defensa dos escaravellos bombardeiros, con reaccións fortemente exotérmicas, fluídos quentes en ebulición e liberación explosiva dos produtos, foi aducida por creacionistas e partidarios do deseño intelixente como un exemplol de complexidade irreducible.[13] Porén, biólogos como o taxónomo Mark Isaak sinalaron que a evolución paso a paso deste mecanismo puido ter ocorrido facilmente polos procedementos naturais habituais.[2][14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.