filósofo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Ernst Bloch nado en Ludwigshafen, o 8 de xullo de 1885 e finado en Tubinga, o 4 de agosto de 1977 foi un filósofo marxísta alemán.
Fillo dun matrimonio xudeu, dende moi novo interesouse pola filosofía, refuxiándose contra a vontade dos seus pais na Biblioteca Real de Manheim.
Máis tarde doutórase en Würzburg e coñece en Berlín a Georg Simmel e a Gyorgy Lukács. En Heilderberg entra no Círculo Max Weber, onde coñece a Karl Jaspers. Comezada a primeira guerra mundial, foxe para Suíza para non prestar o servizo militar. Nos anos vinte traba amizade con Theodor Adorno, Bertolt Brecht e Walter Benjamin.
En 1938, fuxindo dos nazis, emigra a Estados Unidos, onde non consegue traballo nin publicar ren. En 1949, retorna a Alemaña oriental, a República Democrática Alemá, onde acepta a cátedra de filosofía en Leipzig, alí é agasallado, entra na Academia das Ciencias, recibe a Medalla de Mérito da Patria e as súas aulas énchense multitudinariamente.
Alí comeza a amosarse crítico co partido único (O Partido Socialista Unificado de Alemaña). Isto provoca a persecución dos seus alumnos, que son obrigados a facer confesións públicas, o despedimento da súa muller a a prohibición de realizar actividades públicas. Pide asilo político na República Federal Alemá e da clases en Tubinga, onde as aulas se enchen para escoitalo.
Implícase publicamente contra a Guerra do Vietnam, contra o terrorismo de esquerdas, polos dereitos civís, e foi unha referencia na revolución de maio do 68.
Ernst Bloch pescuda en distintos saberes e artes os contidos utópicos, aquel excedente humano que contribúe á transformación social de cara a unha sociedade sen clases, igualitaria e xusta. O contido do acto da esperanza é a función utópica que é unha dimensión antropolóxica esencial e abre a visión non falseada ideoloxicamente do contido da esperanza humana. A utopía é fundamental para o marxismo en canto que meta de toda a acción en todas as disciplinas. A utopía é unha crítica á ideoloxía dominante na medida en que concibe unha reconstrución da sociedade. É a condensación obxectiva do que está por vir a partir do aínda-non da realidade inconclusa.
Fronte á redución a arte realista por parte do marxismo oficial, Ernst Bloch defende o expresionismo como arte que expresa as contradicións do presente e que contén unha carga transformadora.
As súas ideas influíron en autores como Theodor Adorno, Herbert Marcuse, Gustavo Gutiérrez Merino e Jürgen Moltmann
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.