From Wikipedia, the free encyclopedia
Theodor Ludwig Wiesengrund Adorno, nado en Frankfurt o 11 de setembro de 1903 e finado en Visp o 6 de agosto de 1969, foi un sociólogo, filósofo, musicólogo e compositor alemán de orixe xudía-asquenací por liña paterna. Membro da Escola de Frankfurt xunto a Max Horkheimer, Walter Benjamin, Herbert Marcuse, Jürgen Habermas e outros.
Estudou na Universidade de Frankfurt, e 1933 incorporouse ao Instituto de Investigacións Sociais de Frankfurt, de inspiración marxista, aínda que axiña tivo de deixar o país, fuxindo do nazismo. Estabeleceuse en Nova York, onde en colaboración con Max Horkheimer publica A dialéctica da ilustración (Dialektik der Aufklärung) (1947), no que pon en dúbida a viabilidade de calquera proxecto emancipador, ao describir as contradicións internas da razón.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.