baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Eric Bledsoe, nado o 9 de decembro de 1989 en Birmingham (Alabama), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Shanghai Sharks da Chinese Basketball Association (CBA). Foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Oklahoma City Thunder. Foi considerado coma un dos mellores bases do país cando estaba no instituto.
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1989 (34 anos) Birmingham, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Kentucky A. H. Parker High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 86 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Oklahoma City Thunder, 18º (24 de xuño de 2010) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bledsoe xogou un ano cos Kentucky Wildcats, onde fixo unha media de 11,3 puntos por partido. Aínda que é principalmente un base, xogou a maioría dos partidos coma escolta. Os Wildcats acadaron unha marca de 35-3.
O 7 de abril de 2010, Bledsoe anunciou que ía saltarse as súas últimas tres tempadas universitarias para entrar no Draft da NBA de 2010.[1] Foi recomendado pola súa rapidez, a súa habilidade co balón nas mans e de tiro dende lonxe. Bledsoe foi a 18ª elección no Draft da NBA de 2010, elixido polos Oklahoma City Thunder, aínda que foi traspasado inmediatamente aos Los Angeles Clippers.[2]
O 10 de xullo de 2013, Bledsoe foi traspasado ós Phoenix Suns xunto ó seu compañeiro Caron Butler, nun traspaso entre tres equipos que mandou a Jared Dudley e a J. J. Redick ós Los Angeles Clippers, con dúas eleccións do Draft para Milwaukee.[3]
O 7 de novembro de 2017, Bledsoe foi traspasado ós Milwaukee Bucks a cambio de Greg Monroe e dúas eleccións do Draft, unha protexida da primeira rolda, e outra da segunda rolda.[4] Fixo o seu debut cos Bucks tres días máis tarde, facendo 13 puntos e 7 asistencias na vitoria por 94-87 contra os San Antonio Spurs.[5]
O 24 de novembro de 2020, Bledsoe foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre catro equipos.[6] No seu debut cos Pelicans, Bledsoe acadou 18 puntos, 6 asistencias e dous rebotes na vitoria dos Pelicans por 113–99 contra os Toronto Raptors.[7]
O 7 de agosto de 2021, Bledsoe foi traspasado ós Memphis Grizzlies.[8] O 16 de agosto de 2021, foi traspasado ós Los Angeles Clippers.[9]
O 4 de febreiro de 2022, Bledsoe foi traspasado xunto a Justise Winslow e Keon Johnson ós Portland Trail Blazers, a cambio de Norman Powell e Robert Covington.[10] Foi cortado o 6 de xullo de 2022, sen chegar a debutar cos Blazers.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.