Epimisio
From Wikipedia, the free encyclopedia
O epimisio (que significa "encima do músculo")[1][2] é unha capa de tecido conectivo, que envolve un músculo enteiro e protexe os músculos da fricción contra outros músculos e ósos.[3] Está composto de tecido conectivo denso irregular. Continúase coas fascias e outras envolturas de tecido conectivo do músculo como o endomisio e perimisio. Tamén é continuo cos tendóns, onde o tecido se fai máis groso e con máis coláxeno.
As diferentes vaíñas conectivas do músculo son: endomisio (envolve as fibras ou células musculares por riba da membrana plasmática), perimisio (envolve os fascículos de fibras musculares), epimisio (envolve o músculo enteiro), e aínda pode haber ademais fascias (envolven varios músculos).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.