empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Epifanio Campo Fernández, nado na Ponte de Domingos Flórez en 1952 e finado o 18 de agosto de 2016 en Vilalonga, foi un empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 Ponte de Domingos Flórez, España |
Morte | 18 de agosto de 2016 (63/64 anos) Vilalonga, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Fillo máis vello do tamén empresario Epifanio Campo Núñez, en 1975 fíxose cargo do conglomerado de empresas cerámicas e mineiras que creara e impulsara o seu pai. A orixe desta actividade económica sitúase na extracción de arxila en Vilalonga, mais as empresas de Campo esténdense por toda Galicia, e entre elas destaca a Nueva Cerámica Campo, de Sanxenxo, Campo Brick en Albixoi e Epifanio Campo en Lendo, todas elas de produción cerámica, mais tamén outras firmas de pretensados e bloques de formigón, inmobiliarias, piscifactoría ou viño[1].
Accionista minoritario de Banco Pastor, foi porén un dos accionistas principais de Banco Gallego, cun capital do 10%[2] e participou tamén no capital de SOGARISA. Mercou en 2007 o 5,5% da sociedade Corporación Caixa Galicia, ata daquela propiedade exclusiva de Caixa Galicia. Tamén foi socio do empresario Manuel Añón en diversos proxectos, entre eles tres empresas de siderurxia e fundición (Siderúrgica Añón, Hierros Añón Comercia e Acérie de l’Atlantique), que en 2007 lle venderon á siderúrxica catalá Celsa. En 2006 entrou no capital da sociedade Gaelsa, controlada por Manuel Jove e dedicada á explotación de enerxías renovables, da que se retirou a comezos de 2010.
En total, en 2009 tería entre 550 e 600 millóns de euros en capital[3].
Era irmán de Antonio Campo Fernández, quen fora alcalde de Ortigueira entre 1999 e 2007 e do tamén empresario Demetrio Campo Fernández.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.