Eparquía católica caldea de Alepo
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
A eparquía de Alepo dos Caldeos é unha diocese da Igrexa católica caldea inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Babilonia. En 2015 tiña arredor de 10.000 bautizados. O seu bispo dende 1992 é Antuan Audu.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 9.000 (1969) (0,05 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua árabe | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 185.180 km² | |||
Creación | 1957 | |||
Catedral | Saint Joseph's Cathedral in Aleppo (en) | |||
A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa católica caldea en Siria. A sé episcopal é a cidade de Alepo, onde está a catedral de San Xosé. O territorio está organizado en 10 parroquias.
Unha comunidade caldea estaba xa presente a comezos do século XVI. En 1723 o patriarca caldeo Xosé III obtivo do goberno otomán un firmán que recoñecía a súa xurisdición sobre os fieis caldeos da cidade. O número de fieis, porén, foi sempre moi reducido, e a comezos do século XX a comunidade tan só chegaba ás 250 persoas. En 1901 o papa León XIII autorizou a creación dunha vigairía patriarcal, directamente dependente do patriarca.
A eparquía actual foi erixida coa supresión da eparquía da Alta Mesopotamia o 3 de xullo de 1957 coa bula Quasi pastor de Pío XII, atendendo á petición feita polo Sínodo da Igrexa caldea; na mesma bula facíaa sufragánea do patriarcado de Babilonia, igualaba os seus límites aos de Siria, estabelecía a sé en Alepo, e designaba a Paolo Pappalardo para ocuparse do estabelecemento da nova xurisdición.[1]