Remove ads
papa entre 1878 e 1903 From Wikipedia, the free encyclopedia
León XIII, nado como Vincenzo Gioacchino Pecci en Carpineto Romano (provincia de Roma, Italia) o 2 de marzo de 1810 e finado en Roma o 20 de xullo de 1903), foi un eclesiástico católico latino italiano, 256º Papa da Igrexa católica dende o 20 de febreiro de 1878 até o seu pasamento.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
(1878) | |
Nome orixinal | (la) Leo PP. XIII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Gioacchino Vincenzo Raffaele Luigi Pecci 2 de marzo de 1810 Carpineto Romano (Primeiro Imperio Francés) |
Morte | 20 de xullo de 1903 (93 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán Tomb of Leo XIII (en) |
256º Papa | |
20 de febreiro de 1878 – 20 de xullo de 1903 ← Pío IX – Pío X → | |
Camerlengo da Câmara Apostólica (pt) | |
21 de setembro de 1877 – 20 de febreiro de 1878 ← Filippo de Angelis – Camillo Di Pietro (pt) → | |
Cardeal | |
19 de decembro de 1853 – 20 de febreiro de 1878 | |
Arcebispo católico | |
27 de xullo de 1846 – 21 de setembro de 1877 ← Carlo Filesio Cittadini (en) Diocese: Arquidiocese de Perugia-Città della Pieve (pt) | |
Bispo diocesano | |
19 de xaneiro de 1846 – 27 de febreiro de 1880 ← Carlo Filesio Cittadini (en) – Federico Pietro Foschi (pt) → Diocese: Arquidiocese de Perugia-Città della Pieve (pt) | |
Apostolic nuncio to Belgium (en) | |
19 de febreiro de 1843 – 27 de xullo de 1846 | |
Arcebispo titular | |
27 de xaneiro de 1843 – Diocese: Damiata (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Cidade do Vaticano (–1903) Bruxelas (1843–1846) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Academia Pontificia Eclesiástica Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1843–), Sacerdote católico de rito romano (1837–1903), escritor, Monseñor, Arcebispo, nuncio apostólico |
Membro de | |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
Consagración | Luigi Lambruschini (pt) |
Participou en | |
16 de febreiro de 1878 | conclave de 1878 |
8 de decembro de 1869 | Concilio Vaticano Primeiro |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | House of Pecci (en) |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Domenico Lodovico Pecci e Anna Francesca Prosperi Buzi |
Irmáns | Giuseppe Pecci Giovanni Battista Pecci |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Procedente dunha familia aristocrática do Lacio, ordenouse sacerdote en 1837. Estudou na academia da diplomacia vaticana e foi destinado como nuncio a Bruxelas (1843-46). Logo exerceu como arcebispo de Perugia, de 1846 a 1877, e Pío IX fíxoo cardeal en 1856.
Nos anos seguintes produciuse a unificación italiana (1859-70), que supuxo a liquidación dos Estados Pontificios e o enfrontamento radical entre a Igrexa católica e o Estado liberal (especialmente, o novo Reino de Italia). A postura moderada que mantivo nestes temas o cardeal Pecci converteuno nun candidato idóneo para suavizar as tensións, razón que probablemente influíu na decisión do Colexio Cardenalicio de o elixir papa ó morrer Pío IX en 1878.
O seu longo pontificado significou un achegamento da Igrexa ás realidades do mundo moderno. Fronte ó crecente problema obreiro, creou unha doutrina social da Igrexa que condenaba tanto o socialismo coma o capitalismo liberal, destacando a función social do traballo e da propiedade e propondo un ideal de harmonía entre ambos (encíclica Rerum Novarum, 1891). O realismo político e a habilidade diplomática do papa permitiron poñer fin á hostilidade do réxime imperial alemán cara ós católicos (abandono por Otto von Bismarck da Kulturkampf en 1879 e visita a Roma do emperador Guillerme II en 1888); igualmente, propugnou o fin da confrontación entre a Igrexa francesa e a Terceira República, avalando a participación dos católicos franceses no réxime republicano; pero, en cambio, mantivo o enfrontamento co Estado italiano, insistindo no boicot dos católicos italianos á vida política nacional.
Este papa expediu a Bula Deus Omnipotens o 1 de novembro de 1884[1]. Nesta bula o Pontífice ratifica o privilexio de que se celebre o ano xubilar sempre que o día do Apóstolo, o 25 de xullo, sexa Domingo[2]. O texto non só avala o achado das reliquias, senón que realiza unha confirmación xeral de toda a tradición compostelá mediante o que José Guerra Campos (1985) cualifica como unha “síntese histórica xacobea”.[3]
Reforzou os lazos coa Igrexa norteamericana, fomentando a expansión do catolicismo nos Estados Unidos. Con todo, León XIII contribuíu a dotar a Igrexa dun novo protagonismo a escala mundial, reforzado por dous tipos de iniciativas súas: por un lado, o achegamento á Igrexa anglicana e ós ortodoxos gregos, que iniciou a tendencia ecuménica dos papas do século XX; e por outro, o impulso da acción misioneira, especialmente en África.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.