Unha eparquía é unha circunscrición civil do Imperio Bizantino, e tamén unha subdivisión da diocese na organización relixiosa bizantina.[1]

Etimoloxía

O termo eparca empregábase no imperio Seléucida para referirse a un alto cargo administrativo. Deriva do grego ἐπί epí "sobre" e de ἀρχεία arkhéia "goberno", para indicar o funcionario responsábel do goberno sobre un territorio particular, chamado ἐπαρχία (eparkhía) en grego (en latín eparchia).

Eparquía no Imperio bizantino

Tras a reforma teodosiana, o termo eparquía foi empregado polo Impero Romano de Oriente para indicar unha circunscrición administrativa equivalente á provincia latina. Tales entidades desapareceron despois do século VII coa institucións dos temas. Na capital Constantinopla, en cambio, o título de eparca do pretorio ou eparca de Constantinopla (grego: ἔπαρχος τοῦ πραιτωρίου, éparkhos tû praitoríu) pasou a indicar, a finais do Imperio, o prefecto do pretorio de Oriente e gobernador da cidade.

Eparquía nas igrexas cristiás

O termo eparquía emprégase en moitas igrexas cristiás para indicar unha circunscrición administrativa ou relixiosa. O correspondente título á súa fronte é o de eparca ou bispo. O termo úsase para indicar algunhas subdivisións nas Igrexas Ortodoxas, e nalgunhas Igrexas católicas de rito oriental chámase eparquía a unha porción de territorio e de fieis que son confiados á cura pastoral dun eparca ou bispo; a eparquía xa que logo é totalmente correspondente á diocese da Igrexa Latina. As eparquías (e os seus eparcas) réxense polos canons 177-310 do Código dos Canons das Igrexas Orientais.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.