Unha Igrexa particular é, no dereito canónico católico, unha comunidade eclesiástica encabezada por un bispo, ou por outra persoa recoñecida canonicamente como o seu equivalente.
Clasificación
Existen dous tipos de Igrexas particulares:
- Igrexas particulares locais, como as dioceses (a forma máis común deste tipo de igrexa particular) ou as abadías territoriais, as vigairías apostólicas ou as prefecturas apostólicas.[1]
- Igrexas particulares autónomas, tamén coñecidas como "Igrexas sui iuris". Son os conxuntos de igrexas particulares locais que comparten unha tradición litúrxica, teolóxica e canónica específica e común. A miúdo son chamadas "igrexas ou ritos particulares".[2] A maior destas Igrexas é a Igrexa católica latina, e coñécese colectivamente ás outras como igrexas católicas orientais. As maiores delas están dirixidas por un bispo que ten o título de patriarca ou arcebispo maior.
Igrexas particulares autónomas
Existen 23 Igrexas autónomas, unha occidental e 22 orientais, unha distinción máis histórica que xeográfica. O termo sui iuris significa que teñen as súas propias leis. Malia manter as mesmas crenzas e a mesma fe, diferéncianse nas súas tradicións, na súa disciplina e no seu dereito canónico. As 23 están en comuñón coa Santa Sé, en Roma.
Para este tipo de igrexa particular, o Código de Dereito Canónico de 1983 empresa a expresión de "Igrexa ritual autónoma" (en latín, Ecclesia ritualis sui iuris). O Código dos Canons das Igrexas Orientais abrevia esta frase a "Igrexa autónoma" (en latín, Ecclesia sui iuris).
Lista das igrexas particulares autónomas
A continuación amósase unha lista das igrexas particulares autónomas. No caso das columnas de Primado e Titular amósase o máis alto xerarca de cada igrexa. No caso do Papa, cómpre sinalar que non só exerce os deberes papais respecto á Igrexa universal, senón que tamén exerce os deberes patriarcais respecto á Igrexa latina e respecto a algunhas igrexas particulares con rango menor que o de arcebispal maior. Os datos numéricos de fieis correspóndense cos do Annuario Pontificio de 2013, agás se especifique outro ano.
Igrexa | Fieis | Tradición | Primado | Titular |
---|---|---|---|---|
Igrexa albanesa | 3.558 (2010) | Bizantina | Administrador apostólico de Albania Meridional | Hil Kabashi |
Igrexa armenia | 566.015 | Armenia | Patriarca de Cilicia | Rafael Pedro XXI |
Igrexa belarusa | 7.000 (Belarús, est.) 2.000 (Exterior, est.) |
Bizantina | Visitador apostólico para os greco-católicos en Belarús | Siarhiej Hajek |
Igrexa búlgara | 10.000 | Bizantina | Exarca apostólico de Sofía | Hristo Proykov |
Igrexa caldea | 536.525 | Caldea | Patriarca de Babilonia | Luís Rafael I |
Igrexa copta | 165.923 | Alexandrina | Patriarca de Alexandría dos Coptos | Abraham Isaac |
Igrexa de Croacia, Serbia e Montenegro | 43.400 | Bizantina | Bispo de Križevci | Nikola Kekić |
Igrexa eslovaca | 233.386 | Bizantina | Arcebispo metropolitano de Prešov | Vacante |
Igrexa etíope | 227.078 | Alexandrina | Arcebispo metropolitano de Adís Abeba | Berhaneyesus Souraphiel |
Igrexa greco-melquita | 1 651 500 | Bizantina | Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén | Xosé I |
Igrexa grega | 6.025 | Bizantina | Exarca apostólico de Grecia | Manuel Nin |
Igrexa húngara | 327.200 | Bizantina | Metropolita de Hajdúdorog | Péter Fülöp Kocsis |
Igrexa italo-albanesa | 61.814 | Bizantina | Bispo de Lungro | Donato Oliverio |
Igrexa latina | (n.d.) | Latina | Papa | Francisco |
Igrexa macedonia | 14.937 | Bizantina | Exarca apostólico de Macedonia | Kiro Stojanov |
Igrexa maronita | 3 381 733 | Antioquense | Patriarca de Antioquía | Bixara Pedro |
Igrexa romanesa | 535.171 | Bizantina | Arcebispo maior de Făgăraş e Alba Iulia | Lucian Mureșan |
Igrexa rusa | (sen datos) | Bizantina | Ordinario para os fies orientais en Rusia | Joseph Werth |
Igrexa rutena | 486.627 | Bizantina | Bispo de Mukačeve Arcebispo de Pittsburgh |
Milan Šašik |
Igrexa siríaca | 266.461 | Antioquense | Patriarca de Antioquía | Ignacio Xosé I |
Igrexa siro-malabar | 3 893 334 | Caldea | Arcebispo maior de Ernakulam-Angamaly | George Alencherry |
Igrexa siro-malankar | 438.387 | Antioquense | Trivandrum | Baselios Cleemis |
Igrexa ucraína | 4 345 599 | Bizantina | Arcebispo maior de Kíiv-Galicia | Sviatoslav Shevchuk |
Igrexas particulares locais
Cada diocese (termo latino) ou eparquía (termo oriental) é tamén unha igrexa particular, unha igrexa local, aínda que non ten a autonomía das anteriores. O CIC de 1983, que trata tan só da Igrexa latina e, por tanto, dunha soa "igrexa particular autónoma", emprega o termo de "igrexa particular" no sentido de "igrexa local".
A forma común destas igrexas locais, cada unha encabezada por un bispo, chámase "diocese" na Igrexa latina e "eparquía" en cada unha das igrexas orientais". A finais de 2011, o número total destas era de 2.834.[3]
Significación teolóxica
A diferenza doutras "familias" ou "federacións" de Igrexas formadas mediante o recoñecemento mutuo de diferentes grupos eclesiásticos, a Igrexa católica considérase unha única Igrexa ("un Corpo") composto de moitas Igrexas particulares. Cada unha destas igrexas particulares non é considerada como unha sección ou división, senón que teolóxicamente considérase a propia Igrexa católica, na súa totalidade, nun territorio ou comunidade particular: "nas que e en base as que constitúese a Igrexa católica unha e única".[4]
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.