From Wikipedia, the free encyclopedia
O endocardio[1] é unha membrana que recobre localmente as cavidades do corazón. Forma o revestimento interno das aurículas e ventrículos. As súas células son semellantes tanto embrioloxicamente como biolóxicamente ás células endoteliais dos vasos sanguíneos. O endocardio é máis groso nas aurículas e presenta tres capas:
Trátase dun delgado revestimento interno do corazón que se atopa constituído por células endoteliais e unha delgada capa de tecido conectivo laxo. No endocardio mural agréganse unha túnica músculo-elástica rudimentaria e antes do miocardio, unha capa grosa subendocárdica de tecido conectivo laxo vascularizado. Porén, debemos lembrar que o endocardio valvular é avascular.
As válvulas cardíacas, ademais do endocardio están constituídas por unha capa fibrosa densa subendocárdica, unha esponxosa de tecido conectivo moi laxo, rico en matriz extracelular e unha ventricularis con moitas fibras elásticas.
As válvulas semilunares (aórtica e pulmonar) presentan comisuras e as auriculoventriculares constitúen un aparello valvular (válvula, cordas e músculo papilar). Todas atópanse insertas nun anel fibroso denso. Coa idade, vólvense máis grosas e máis opacas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.