enciclopedia española From Wikipedia, the free encyclopedia
Enciclopedia Espasa ou Enciclopedia Espasa-Calpe (cuxo nome orixinal era Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana) é o título dunha enciclopedia española en lingua castelá de cento quince volumes (en 2008), publicada por primeira vez en 1908 pola editorial Espasa-Calpe.
Enciclopedia Espasa | |
---|---|
A Enciclopedia Espasa é considerada a maior enciclopedia impresa do mundo, con máis dun millón de artigos. | |
Título orixinal | Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana |
Autor/a | AA.VV. |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | enciclopedia |
Editorial | Espasa-Calpe |
Data de pub. | 1908 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Espasa conta con máis dun millón de artigos, sendo considerada a maior enciclopedia impresa do mundo.
Até hai pouco críase que os volumes da Espasa foran reimpresos ao longo dos anos sen alteracións no seu contido, xa que calquera actualización tería forma de anexos e suplementos publicados para completar o contido dos volumes orixinais.[1] Porén, isto é refutado polo descubrimento de que as biografías de Flora Osete e José Pérez Hervás, incluídos orixinalmente nos volumes 40 (1919) e 43 (1921), respectivamente, foron eliminados e substituídos por outros contidos nas páxinas impresas despois da Guerra civil española. [2][3]
Pérez Hervás traballou como director artístico da enciclopedia de 1919 a 1933, e en 1935 publicou un libro titulado Espakalpe (La Gran Ladronera) no que acusaba aos responsables da editorial de precarizar aos traballadores e de ter reutilizado gran cantidade de contido doutras publicacións sen ter abonado os correspondentes dereitos de autor e reprodución.[1][3] O conflito levou non só ao borrado do artigo biográfico de Pérez Hervás, pero tamén ao de Flora Osete, “polo pecado de ser a súa muller e compañeira de aventuras lexicográficas”.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.