Remove ads
farmacéutica e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Emma Pilar Valcarce Pestaña, nada en Lugo en 1927, é unha farmacéutica e política galega do PPdeG.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1927 (96/97 anos) Lugo, España |
Alcaldesa de Mondoñedo | |
1987 – 1995 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica, política, mestra |
Familia | |
Fillos | Luís Rego Valcarce |
Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou tamén maxisterio e exerceu como mestra no Courel. Dende 1968 rexentou unha farmacia en Mondoñedo. Foi profesora do Instituto de Mondoñedo. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular que obtivo cinco concelleiros e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta. Continuou como alcaldesa ata 1995, cando non optou á reelección. Formou parte da Asociación Amigos de la Ciudad de Mondoñedo.
Predecesor: Armando González Álvarez |
Alcaldesa de Mondoñedo 1987 - 1995 |
Sucesor: Javier Loira Rúa |
Casou con Hermes Rego Martínez e foi nai de seis fillos, Hermes, Emma Pilar, José Ramón, María Isabel, María Fernanda e Luís Rego Valcarce.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.