From Wikipedia, the free encyclopedia
Steven Paul "Elliott" Smith, nado en Omaha (Nebrasca) o 6 de agosto de 1969 e finado en Echo Park (Os Ánxeles, California) o 21 de outubro de 2003, foi un cantante, compositor e multiinstrumentista estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Steven Paul Smith 6 de agosto de 1969 Omaha, Estados Unidos de América |
Morte | 21 de outubro de 2003 (34 anos) Echo Park, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | undetermined, stab wound to the chest (en) |
Educación | Hampshire College (en) Lincoln High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, escritor, guitarrista, compositor, cantante, músico |
Período de actividade | 1991 - 2003 |
Membro de | |
Xénero artístico | Indie rock, indie pop, indie folk e Lo-fi |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Elliott Smith |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra, voz e piano |
Selo discográfico | Virgin Records DreamWorks Records Cavity Search Records (en) Domino Records Caroline Records Kill Rock Stars |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | sweetadeline.net |
|
Medrou principalmente en Texas, e pasou gran parte da súa vida en Portland, Oregón, onde comezou a conseguir popularidade. O seu instrumento principal foi a guitarra, aínda que tamén tocaba o piano, o clarinete, o baixo, a batería e a harmónica. Smith tiña un estilo vocal peculiar, caracterizado pola súa "entrega susurrante",[1] e adoitaba a usar gravacións multipista para crear capas, texturas e harmonías de voces. Despois de tocar na banda de rock Heatmiser durante varios anos, Smith comezou a súa carreira en solitario en 1994, publicando traballos a través dos selos independentes Cavity Search e Kill Rock Stars. No ano 1997 fichou por DreamWorks Records e publicou dous álbums coa discográfica.[2] A música de Smith chegou ao gran público cando a súa canción "Miss Misery", incluída na banda sonora da película Good Will Hunting (1997), foi nomeada ao Óscar á Mellor canción orixinal en 1998.[3]
Smith bebía e usaba drogas e diagnosticáronlle trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e trastorno depresivo maior. Os seus problemas coas drogas e a súa saúde mental afectaron á súa vida e ao seu traballo, e adoitaban a aparecer nas súas letras. En 2003, con 34 anos, morreu nos Ánxeles, California, por dúas puñaladas no peito.[4] A autopsia non puido determinar se as feridas foran autoinflixidas ou se se trataba dun homicidio.[5] No momento da súa morte Smith estaba traballando no seu sexto álbum de estudio, From a Basement on the Hill, que foi postumamente rematado e publicado no 2004.
Álbum | Ano | Selo | |
---|---|---|---|
Roman Candle | 1994 | Cavity Search | |
Elliott Smith | 1995 | Kill Rock Stars | |
Either/Or | 1997 | Kill Rock Stars | |
XO | 1998 | DreamWorks Records | |
Figure 8 | 2000 | DreamWorks Records | |
From a Basement on the Hill | 2004 | ANTI-, Domino | completado e rematado tras a súa morte |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.