Eli Whitney

From Wikipedia, the free encyclopedia

Eli Whitney

Eli Whitney, nado en Westborough (Massachusetts) o 8 de decembro de 1765 e finado en New Haven (Connecticut) o 8 de xaneiro de 1825 foi un inventor estadounidense, coñecido por inventar a debulladora, un dos inventos clave da revolución industrial, e que modelou a economía do Sur anterior á guerra civil.[1] O invento de Whitney converteu o algodón nun cultivo de proveito, que fortaleceu a fundación económica da escravitude dos Estados Unidos. A pesar do impacto económico e social do seu invento, Whitney perdeu moitos cartos en batallas legais pola patente da debulladora. Posteriormente volveu a súa atención en contratos co goberno para fabricar mosquetes para o novo exército dos Estados Unidos. Continuou a construír armas e inventar ata a súa morte en 1825.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Whitney inventou a máquina para debullar o algodón en 1793. Esta máquina era unha unidade mecánica que separaba as sementes do algodón, o que ata ese momento era un traballo moi pesado, por unha participación humana máis escasa.

A maior contribución de Whitney para a industria dos Estados Unidos foi a importación e posta en marcha do sistema de fabricación e a liña de montaxe. Foi o primeiro en empregala na produción de mosquetes para o goberno dos Estados Unidos e o segundo no mundo, xa que o inventor francés Honoré Le Blanc a desenvolveu na fabricación de mosquetes para o exército francés. Cómpre salientar que o exército estadounidense compraba e recibía nesa época armas de Francia.

Despois da independencia dos Estados Unidos, había unha gran demanda de mosquetes nese país, e a independencia fixo posible producir bens manufacturados. Whitney atopou patrocinadores para apoiar o concepto de partes intercambiables de produción na fabricación de mosquetes. Non obstante, os seus patrocinadores impacientáronse moito cando, logo de que pasara un tempo considerable e de gastar moito diñeiro, descubriron que aínda estaba facendo ferramentas para fabricar partes. Con todo, co tempo os seus esforzos lograron producir partes intercambiables e económicas en grandes cantidades. O concepto de producir un conxunto de cuños para fabricar un millón de partes non se entendía ben nesa época. Os conceptos de Whitney foron explotados posteriormente por Henry Ford e outros industriais.

Whitney faleceu de cancro de próstata en 1825, un mes despois do seu 59 aniversario, deixando unha viúva, Henrietta Edwards, e catro fillos. Durante o transcurso da súa doenza, inventou e construíu varios aparellos para paliar mecanicamente a súa dor.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.