Naturalista e explorador alemán (1794–1884) From Wikipedia, the free encyclopedia
Wilhelm Peter Eduard Simon Rüppell, coñecido na bibliografía internacional como Eduard Rüppell, nado en Frankfurt o 20 de novembro de 1794 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1884, foi un naturalista, explorador, numismático, botánico, xeólogo e zoólogo alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Wilhelm Peter Eduard Simon Rüppell 20 de novembro de 1794 Frankfurt, Alemaña |
Morte | 10 de decembro de 1884 (90 anos) Frankfurt, Alemaña |
Lugar de sepultura | Cemitério de Frankfurt am Main (pt) |
Educación | Universidade de Pavia |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía e botánica |
Lugar de traballo | Frankfurt Imperio de Etiopía |
Ocupación | biólogo, naturalista, ictiólogo, numismático, ornitólogo, explorador, zoólogo, botánico |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Rüppell |
Abreviatura do autor en zooloxía | Rüppell |
Arquivos en |
|
Premios | |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Frankfurter Personenlexikon (en) , |
Infatigábel viaxeiro pola África nororiental, é hoxe recordado tanto polas numerosas coleccións zoolóxicas e etnográficas que levou a Europa como polas súas exploracións.[1]
Nota: o apelido "Rüppell" é ocasionalmente escrito como "Rueppell" en inglés e alemán.[2]
Rüppell naceu en Frankfurt, fillo dun próspero banqueiro. Orixinalmeente estaba destinado a ser comerciante, pero despois da súa primeira visita a África en 1817, na que ascendeu polo río Nilo chegando ás súas primeiras cataratas, en Asuán, Exipto,[1] e despois de visitar a península do Sinaí, interesouse na Historia Natural. Ao regresar a Alemaña, completou a súa formación científica,[1] e asistiu a clases de botánica e da zooloxía nas Universidades de Pavia e de Xénova.
En 1821, acompañado polo ciruexián Michael Hey como asistente, viaxaou a través do deserto do Sinaí e, en 1822, foron os primeiros europeos exploradores que alcanzaron o golfo de Aqaba. Despois dirixíronse a Alexandría, vía monte Sinaí.
Realizou a súa primeira grande expedición (1822–1828), subindo o Nilo, e cruzando o Sudán desde o deserto de Nubia ao sur até Cordofán, no centro do Sudán,[1] recolectando espécimes da zona sur de Ambukol, e retornando ao Cairo en xullo de 1825.
Unha planeada exploración a Etiopía só chegoua a Massawa, en Eritrea, onde o grupo sufriu afeccións de saúde. Rüppell retornou a Europa en 1827. Durante a súa ausencia Philipp Jakob Cretzschmar usou os espécimes enviados por Rüppell para escribir o Atlas zu der Reise im nordlichen Afrika (Atlas sobre as Viaxes no norte de África, 1826).
Pero na súa segunda gran exploración (1831-1834), cruzou Etiopía de leste a oeste, pasando polas ruínas de Axum, até chegar ao lago Tana, que cartografou con maior precisión que os seus predecesores.
Os seus informes sobre as antigüidades de Axum aumentaron en gran medida o seu coñecimiento, e incluíron os primeiros debuxos do reino de Axum. Ao seu regreso, quedou na daquela capital de Etiopía, Gondar, onde puxo en orde as súas coleccións e reuniu unha antoloxía de manuscritos etíopes antigos.[1]
En 1829 foi elixido membro da Academia Alemá de Ciencias Naturais Leopoldina.[3] Cando se fundou a Société Cuvierienne, en 1838, foi un dos 140 membros fundadores da Sociedade.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.