From Wikipedia, the free encyclopedia
Eswatini é un pequeno país onde a agricultura de subsistencia é a fonte de traballo de máis de 70% da poboación. O sector industrial haise diversificado logo da década de 1980, sendo o azucre e a polpa de madeira importantes produtos de exportación[1]. Outros produtos exportados son cítricos, algodón e carne.
Economía de Eswatini | |
---|---|
Moeda | lilangeni |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, SADC, SACU |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 5 882 millóns (2009) |
Posición do PIB | 154ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | -0,4% (2009) |
PIB per cápita | $ 4.400 (2009) |
PIB por sector | agricultura 11,4%, industria 44,6%, comercio e servizos 44% (2009) |
Inflación | 8,5% (2009) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 457.900 (2007) |
Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
Desemprego | 40% (2006) |
Industrias | carbón, polpa de madeira, azucre, bebidas concentradas sen alcohol, téxtiles e roupas |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 1,57 mil millóns (2009) |
Produtos de exportación | suco de froitas concentrado, azucre, polpa de madeira, algodón, frigoríficos, froitas cítricas enlatadas |
Principais mercados | Suráfrica, máis de 90% (2009) |
Importacións | 1 643 millóns (2009) |
Principais produtos importados | vehículos a motor, máquinas, equipamentos de transporte, alimentos, derivados de petróleo, produtos químicos |
Principais mercados | Suráfrica, uns 60% (2009) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 534 millóns (2009) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
O 2007 intentouse modernizar e diversificar a industria, como resposta a unha caída dos prezos do azucre na Unión Europea. En anos recentes a minaría perdeu importancia, só a extracción de carbón e as canteiras de pedra permanecen importantes[1].
Tras a independencia do país realizouse unha renovación agraria dentro do marco tradicional sen intensificar a explotación do chan ou introducir cultivos novos, xa que non obriga a iso a presión demográfica e debido ao achegue na renda nacional das emigracións estacionais a Suráfrica.
Dentro do sector industrial destacan as plantas azucreiras, as fábricas madeireiras. Calcúlanse unhas reservas de 250 millóns de toneladas de hulla. Existen xacementos de diamantes no nordés do país que se exportan desde 1984.
Cercado polo territorio de Suráfrica, tendo soamente unha pequena fronteira terrestre con Mozambique, Eswatini depende case totalmente da economía surafricana, orixe de máis de 90% das súas importacións e destino de máis de 60% das súas exportacións. A taxa de cambio da súa moeda, o lilangeni, é fixa en relación ao rand surafricano, e a súa política monetaria é submisa a de Suráfrica[1], que proporciona o 66% da enerxía eléctrica e fortes entradas de divisas grazas ao turismo e a un acordo aduaneiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.