rei de Strathclyde From Wikipedia, the free encyclopedia
Dumnagual III (en galés: Dyfnwal ap Tewdwr), finado en 760 foi un rei de Strathclyde a mediados do século VIII (probablemente 754–760). Segundo as Xenealoxías de Harleian, era o fillo de Teudebur, un dos seus predecesores.[1]
Biografía | |
---|---|
Morte | 760 |
List of kings of Strathclyde (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Strathclyde |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Eugein II of Alt Clut (en) |
Pai | Teudebur de Alt Clut |
Segundo Simeón de Durham, o seu reino foi invadido polo rei Óengus I dos pictos e polo rei Eadberht de Northumbria. A mesma fonte indica que o 1 de agosto de 756, chegaron a Alt Clut (Dumbarton Rock, a capital de Dumnagual) e obtivo a homenaxe dos britanos. Porén, nove días despois, o exército do rei de Northumbria foi destruído mentres Eadberht o lideraba entre "Ouania" e "Niwanbirig",[2] probablemente "Govan" e os "anglos de Northumbria".[3] Dumnagual é considerado polo xeral como o rei de Alt Clut neste período, pero tamén se suxeríu que o destrutor do exército de Northumbria foi Óengus.[4] A reconstrución de Phillimore de Annales Cambriae situou a morte de Dumnagual en batalla en 760.[5] Crese que o territorio de Alt Clut permaneceu baixo dominio picto ou baixo control anglo nos anos posteriores á súa morte.[6] Dumnagual é o derradeiro rei britano de Alt Clut do que se coñece algo máis que o nome até finais do século IX.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.