álbum de Portishead From Wikipedia, the free encyclopedia
Dummy foi o álbum debut no ano 1994, da banda de trip hop Portishead, considerado clave dentro deste estilo musical, xunto con outras bandas como Massive Attack ou Tricky. Este novo xénero musical coñeceríase tamén como Bristol sound, debido a que a maior influencia partía de grupos e selos discográficos de Bristol.
Dummy | ||||
---|---|---|---|---|
Duración | 49:24 45:29 Edición en Reino Unido | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
A banda Portishead estaba formada pola cantante Beth Gibbons e os músicos Geoff Barrow, Adrian Utley e Dave McDonald.
Considerado polos críticos como un clásico, e como un dos discos máis influentes dos anos 1990, Dummy tiña un estilo máis escuro[1] que o que facía o resto de bandas de tri hop. Apareceron dous singles, Sour Times e Glory Box.
En 1995 gañou o Mercury Music Prize, premio concedido anualmente ao mellor disco británico ou irlandés. En 1998, os lectores da revista Q elixiron a Dummy como o décimo sexto mellor álbum da historia. Na lista de Rolling Stone dos 500 mellores álbums de toda a historia que apareceu en 2003, o disco quedou no posto 419.
No 2019 o xornal español El Pais recoñeceu 25 anos máis tarde Dummy como un dos LP clave da música da década de 1990[2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.