filme de 2022 dirixido por Michael Koch From Wikipedia, the free encyclopedia
Drii Winter é un filme xermano-suízo de 2022 dirixido por Michael Koch. O filme está ambientado nos Alpes suízos. O filme foi escollido oficialmente para competir na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín,[1] onde obtivo unha mención especial do xurado principal da competición polo seu guión.[2][3] Foi escollido como candidato de Suíza para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.
Drii Winter | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Drii Winter |
Director | Michael Koch |
Produtor | Christof Neracher |
Guión | Michael Koch |
Intérpretes | Michèle Brand Simon Wisler Josef Aschwanden Elin Zgraggen Daniela Barmettler Daniel Imholz |
Música | Tobias Koch Jannik Giger |
Fotografía | Armin Dierolf |
Montaxe | Florian Riegel |
Estudio | Hugofilm features Pandora Film Produktions SRF Schweizer Radio und Fernsehen ARTE |
Distribuidora | New Europe Film Sales Frenetic Films |
Estrea | 14 de febreiro de 2022 |
Duración | 136 minutos |
Orixe | Suíza Alemaña |
Xénero | Drama e romance |
Na rede | |
O filme xira arredor da relación entre Marco (Simon Wisler) e Anna (Michele Brand) e está ambientada nunha aldea alpina remota. Marco chega como un forasteiro, mais a xente recíbeo ben porque ten reputación de traballar duro. Posteriormente namórase de Anna, que é nai solteira e vive coa súa filla Julia. Marco e Anna deciden casar, mais as cousas cambian drasticamente cando a Marco lle diagnostican un tumor cerebral.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.