From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir Donald George Bradman, nado en Cootamundra (Nova Gales do Sur o 27 de agosto de 1908 e finado en Kensington Park (Australia Meridional) o 25 de febreiro de 2001, alcumado "The Don", foi un xogador de crícket australiano, recoñecido como un dos mellores bateadores de todos os tempos.[1] A media de bateo en Test de Bradman ao longo da súa carreira foi de 99,94 e foi citada como o maior logro dun deportista en calquera deporte.[2]
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1908 Cootamundra, Australia (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 25 de febreiro de 2001 (92 anos) Kensington Park, Australia (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | pneumonía | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Bowral (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Bowral High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de criquet, actor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Australia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Crícket | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Batsman (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | John Bradman | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A historia de que o mozo Bradman practicaba só cun toro e un pau de golf forma parte do folclore australiano.[3] O meteórico ascenso de Bradman dende o crícket no bush ao equipo australiano de crícket Test só durou dous anos. Antes do seu 22 aniversario estableceu moitas marcas de bateo e converteuse no ídolo deportivo en Australia durante a gran depresión.
Durante a súa carreira de 20 anos, Bradman marcou a un nivel que o converteron, en palabras do capitán australiano Bill Woodfull, "un dos tres bateadores valiosos de Australia".[4] Un conxunto controvertido de tácticas, coñecido como Bodyline, foi concibido polo equipo inglés de crícket para frear estas marcas. Como capitán e administrador, Brad estivo comprometido co crícket de ataque e entretemento; levaba o público en récord de número. Porén, odiaba a adulación constante e isto afectaba a como se comportaba cos demais. O centro de atención das súas intervencións individuais tensou as relacións con algúns compañeiros, administradores e xornalistas, que o consideraban distante e receloso.[5] Despois dun obrigado receso durante a segunda guerra mundial, realizou unha volta espectacular, capitaneando un equipo australiano coñecido como "The Invincibles" nunha xira de récord por Inglaterra.
Home complexo, enormemente motivado, non dado a relacións persoais,[6] Bradman mantivo unha posición destacada no deporte, traballando como administrador, seleccionador e escritor nas tres décadas posteriores á súa retirada. Mesmo despois de manterse illado nos seus anos de decadencia, a súa opinión era sempre buscada, e a súa posición como icona nacional continuou a ser recoñecida. Case 50 anos despois da súa retirada como xogador, en 1997, o primeiro ministro de Australia John Howard nomeouno o "maior australiano vivo".[7] A imaxe de Bradman apareceu en selos e moedas, e abriuse un museo dedicado á súa vida mentres aínda vivía. No centenario do seu nacemento, o 27 de agosto de 2008, o Royal Australian Mint emitiu unha moeda conmemorativa de 5 dólares coa imaxe de Bradman.[8] En 2009, foi incluído postumamente no ICC Cricket Hall of Fame.
Bradman coñeceu a Jessie Martha Menzies en 1920 cando ela se hospedou coa familia Bradman para estar máis preto da escola en Bowral. A parella casou na igrexa anglicana de San Paulo en Burwood, o 30 de abril de 1932.[9] Tiveron un matrimonio impecable e sentíronse devotos o un do outro.[10]
Os Bradman viviron sempre na mesma modesta residencia de Holden Street, Kensington Park en Adelaida agás os tres primeiros anos da súa vida de casados.[11] Viviron traxedias persoais na crianza dos seus fillos: o primeiro faleceu de neno en 1936,[12] o segundo, John (nado en 1939) contraeu a polio,[13] e a súa filla, Shirley, nada en 1941, tivo parálise cerebral.[14] O apelido supuxo unha carga para John Bradman e cambiouno legalmente a Bradsen en 1972. Aínda que se dixo que se distanciara do seu pai, foi máis un caso dunha "parella habitando mundos diferentes" e mantiveron o contacto ao longo dos anos.[15]
O illamento de Bradman ao final da súa vida é en parte atribuíble aos problemas de saúde da súa esposa, particularmente despois da operación a corazón aberto á que foi sometida Jessie cando xa cumprira sesenta anos.[16] Lady Bradman faleceu de cancro en 1997 aos 88 anos.[17] Isto tivo un efecto desalentador en Bradman,[18] mais a relación co seu fillo mellorou ata o punto de que John decidiu volver ao apelido Bradman.[19][20] Dende a morte do seu pai, John Bradman converteuse no voceiro da familia e involucrouse na defensa do legado de Bradman en numerosas disputas.[21][22] A relación entre Bradman e a súa familia máis ampla é menos clara, aínda que nove meses despois do pasamento de Bradman, o seu sobriño Paul Bradman criticouno como un "snob" e un "ermitán" que esqueceu as súas conexións en Bowral e que non asistiu aos funerais da nai e do pai de Paul.[23]
O nome de Bradman converteuse no nome arquetípico para denotar a excelencia, tanto no crícket como noutros deportes. Cuñouse tamén o vocábulo Bradmanesque.[24][25][26] Steve Waugh describiu o xogador de crícket de Sri Lanka Muttiah Muralitharan como "o Don Bradman do lanzamento".[27]
Bradman foi obxecto de máis biografías que calquera outro australiano, despois de Ned Kelly.[28] O propio Bradman escribiu catro libros, Don Bradman's Book–The Story of My Cricketing Life with Hints on Batting, Bowling and Fielding (1930), My Cricketing Life (1938), Farewell to Cricket (1950) e The Art of Cricket (1958).[29] A historia da serie Bodyline foi contada nunha miniserie de televisión (1984), con Gary Sweet interpretando a Bradman.[30]
En 2000, o goberno australiano declarou ilegal os nomes de empresas que suxerisen unha ligazón a "Sir Donald Bradman", se devandita relación non existe de feito.[31]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.