Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A doenza arterial coronaria é un grupo de doenzas que inclúe anxina estable, anxina inestable, infarto do miocardio e parada cardiorrespiratoria.[1] Este grupo fai parte dun grupo maior de doenzas, denominado doenzas cardiovasculares, do cal é o tipo máis común. O síntoma máis común é dor ou molestia no peito que pódese desprazar cara ao ombreiro, brazo, costas, pescozo ou maxilar.[2] De cando en vez os síntomas poden ser similares a azia. Xeralmente os síntomas maniféstanse durante o exercicio ou en situacións de estrés, duran poucos minutos e melloran co repouso.[2] Tamén pode causar falta de aire. Nalgúns casos non se manifestan síntomas.[2] Ás veces, o primeiro sinal é un ataque cardíaco.[3] Entre outras complicacións están insuficiencia cardíaca ou arritmia cardíaca.[3]
Doenza arterial coronaria | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Aterosclerose nunha arteria coronaria. | |
MedlinePlus | 007115 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Entre os factores de risco están a hipertensión arterial, tabaquismo, diabetes, falta de exercicio, obesidade, colesterol alto, dieta inadecuada, consumo excesivo de bebidas alcohólicas[4][5] e depresión.[6] O mecanismo subxacente implica a aterosclerose das arterias do corazón.[5] Hai varios exames que poden auxiliar o diagnóstico, incluíndo electrocardiogramas, probas de esforzo, coronariografia por tomografía computerizada e anxiografia coronaria por cateterismo etc.[7]
A prevención consiste en manter unha dieta saudable, practicar exercicio físico regularmente, manter un peso saudable e non fumar.[8] Por veces son tamén usados medicamentos para controlar a diabetes, o colesterol alto ou a hipertensión arterial.[8] As evidencias dos beneficios do cribado en persoas de baixo risco e sen síntomas son limitadas.[9] O tratamento consiste nas mesmas medidas de prevención,[10][11] podendo tamén ser recomendados outros medicamentos, incluíndo antiagregantes plaquetarios como a aspirina, betabloqueadores ou nitroglicerina.[11] Nos casos graves poden ser consideradas intervencións como anxioplastia coronaria ou cirurxía de bypass coronarios.[11][12] Con todo, en persoas con doenza estable non está claro se estas intervencións aumentan a esperanza de vida ou diminúen o risco de ataques cardíacos en relación cos restantes tratamentos.[13]
En 2013 as doenzas arteriais coronarias foron a principal causa de morte en todo o mundo, sendo a causa de 8,14 millóns de mortes (16,8%), un aumento en ralación ás 5,74 millóns de mortes (12%) en 1990.[14] Con todo, o risco de morte por enfermidades coronarias en determinada idade ten vindo a diminuír entre 1980 e 2010, sobre todo nos países desenvolvidos.[15] O número de casos de doenzas coronarias en determinada idade tamén ten vindo a diminuír entre 1990 e 2010.[16] En 2010, nos Estados Unidos, preto de 20% das persoas con máis de 65 anos presentaban doenzas arteriais coronarias, mentres que entre os 45 e 64 anos a porcentaxe era de soamente 7% e entre os 18 e 45 anos de 1,3%.[17] En determinada idade, a prevalencia da doenza é maior entre homes que en mulleres.[17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.