dúo británico de música electrónica From Wikipedia, the free encyclopedia
Disclosure é un dúo británico de música electrónica adicado ao deep house e o garage house. Está conformado polos irmáns Guy e Howard Lawrence, de Reigate, Surrey, no Sueste de Inglaterra.
Disclosure | |
---|---|
Orixe | Surrey, Reino Unido, |
Período | 2010 – presente |
Xénero(s) | UK garage, house, deep house, post-dubstep |
Selo(s) discográfico(s) | Moshi Moshi, Transparent, Make Mine, Greco-Roman, PMR, Island |
Membros | Guy Lawrence Howard Lawrence |
Artistas relacionados | Clean Bandit |
Na rede | |
Web oficial | |
O primeiro sinxelo do dúo foi "Offline Dexterity" lanzado por Moshi Moshi Records, o 29 de agosto de 2010, precedida polo EP "Carnival" editado case un ano despois, o 13 de xuño de 2011.[1] Estes traballos repercutiron nas discotecas de Londres e foron contratados coma acompañantes de SBTRKT.
En 2012 publicaron “Tenderly / Flow” recibindo o apoio das radios británicas. Posteriormente editan o EP “The Face” no selo Greco-Roman onde mesturan os sons do hip hop da década dos 90, do Chicago house e o UK garage.
A finais de 2012, causaron grande impacto no Reino Unido e en varios países europeos co sinxelo "Latch", unha colaboración co cantante Sam Smith, acadando a undécima posición na lista de éxito británica. En febreiro de 2013 lanzan un novo sinxelo, "White Noise" coa voz da cantante Aluna Francis, integrante do dúo AlunaGeorge,[2] con que obtiveron a segunda posición no Reino Unido.[3] En xuño de 2013, lanzaron o seu álbum de estrea Settle coa discográfica PMR Records, seguindo o son garage dos seus últimos traballos.[4] Debutou na primeira situación da UK Albums Chart[5] e logrou ingresar en varios países europeos e en Australia,[6] recibindo críticas xeralmente positivas por parte da crítica.[7][8] Ademais, foron nomeados nos Premios Grammy de 2014 no premio ao mellor álbum de dance/electrónica[9].
Ano | Título | Mellores posicións | Certificación | Álbum | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
R.U. [5] |
R.U. Dance [15] |
AUS [10] |
BEL (Fla) [6] |
DIN [16] |
IRL [11] |
FRA [17] | ||||
2010 | «Offline Dexterity» | — | — | — | — | — | — | — | Sinxelos sen álbum | |
2012 | «Tenderly / Flow» | — | — | — | 116 | — | — | — | ||
«Boiling» | — | — | — | — | — | — | — | The Face | ||
«Latch» (con Sam Smith) |
11 | 2 | 49 | 22 | 39 | 97 | 132 | Settle | ||
2013 | «White Noise» (con AlunaGeorge) |
2 | 1 | 68 | 19 | — | 51 | — |
| |
«You & Me» (con Eliza Doolittle) |
10 | 6 | — | 57 | — | — | — | |||
«F for You» | 20 | 6 | — | 57 | — | — | — | |||
«Help Me Lose My Mind» (con London Grammar) |
56 | — | — | 90 | — | 97 | — | |||
«Voices» (con Sasha Keable) |
176 | 28 | — | 104 | — | — | — | |||
«Together» (Disclosure, Sam Smith, Nile Rodgers & Jimmy Napes) |
135 | — | — | 128 | — | — | — | Sinxelo sen álbum | ||
2014 | «F for You (remix)» (con Mary J. Blige) |
28 | — | — | — | — | — | — | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.