Dionisio Tracio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Dionisio da Tracia (Διονύσιος ὁ Θρᾷξ), nado en Alexandría no 170 a.C. e finado no 90 a.C., foi un gramático grego, coñecido por ser o autor da Téchné grammatiké, libro de quince páxinas e vinte e cinco sesións no que presenta unha explicación da estrutura do grego e cuxa única deficiencia, segundo Martins[1], é a omisión da parte da sintaxe. O seu sistema de clases de palabras e modelos de análise morfolóxica, porén, constituíran a base das formulacións sintácticas posteriores.
Dionisio trazou a seguinte orde para a gramática: tomando por base a palabra, deberíase proceder inicialmente á identificación formal desa entidade lingüística; despois, identificar as clases de palabras e por fin, as categorías que as evidencian.
Segundo Neves[2], a época helenística facilitou a produción de Dionisio, visto que durante o helenismo a práctica da linguaxe xa non enfocaba tanto ao ensino retórico empírico da época clásica, e si á exposición dos padróns da linguaxe que deben ser seguidos, o que leva ao estabelecemento dos cadros da gramática.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

