pintor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Dionisio Fernández Álvarez (artisticamente autodenominouse Dionisio Fierros Álvarez), nado en Cudillero o 5 de maio de 1827 e finado en Madrid o 28 de xuño de 1894, foi un pintor do romanticismo, de orixe asturiana, moi vinculado a Galicia, retratista, autor de cadros de historia e escenas de costumes.[1][2]. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da de San Salvador de Oviedo.[3]
Nome orixinal | (es) Dionisio Fierros Álvarez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de maio de 1827 Vaḷḷouta, España |
Morte | 24 de xuño de 1894 (67 anos) Madrid, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintor |
Empregador | Afonso XII de España |
Membro de | |
Xénero artístico | Pintura de historia e Pintura románica |
Movemento | Pintura do romanticismo e Costumismo |
Alumnos | Joaquín Carpi y Ruata (pt) , Pedro de Madrazo y Kuntz (pt) e Luis de Madrazo y Kuntz (pt) |
Influencias | |
Participou en | |
1876 | Exposição Universal de 1876 (pt) |
1864 | Exposição Internacional de Londres (pt) |
1860 | National Exhibition of Fine Arts (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Antonia Carrera García (1852-1942) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal |
Nado no ámbito rural asturiano, fillo de Nicolás Fernández Fierros e de María Álvarez del Valle, viaxou a Madrid con catorce anos de idade. Formouse nos talleres de José de Madrazo e Federico de Madrazo, na Real Academia de San Fernando e como copista do Museo del Prado.
En 1858 expuxo cinco retratos e tres composicións en Santiago de Compostela, obtendo a medalla de honor.
Teñen obra súa institucións como o Museo del Prado,[5] a Deputación da Coruña,[6] o Museo de Belas Artes da Coruña,[7] o Concello de Santiago de Compostela, a Colección Afundación,[8] o Concello de Vigo (Pinacoteca Francisco Fernández del Riego/Museo Quiñones de León),[9] o Museo de Belas Artes de Asturias,[10] o Monasterio del Escorial… e diversas coleccións privadas.
En 1966 fíxose unha mostra antolóxica no Ateneo de Madrid,[11] e de marzo a abril do ano 2000 unha exposición no Centro Cultural Caixavigo titulada Dionisio Fierros (1827-1894): Íntimo y mundano.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.