Remove ads
Filólogo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Dietrich Briesemeister, nado o 12 de maio de 1934 en Altena, é un filólogo alemán especializado en filoloxía románica.[1] A súa investigación céntrase na literatura neolatina en América Latina, España, Portugal, México, Perú e Colombia, así como as relacións culturais alemás e españolas entre os século XV e XX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1934 (90 anos) Altena, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | romanista, profesor universitario |
Empregador | Universidade Libre de Berlín Universidade de Jena Universidade de Maguncia |
Membro de | |
Briesemeister estudou entre 1952 e 1959 filosofía e filoloxía románica, así como latín medieval en Tubinga, Rennes e Múnic.[1] De 1959 até 1971 traballou na Biblioteca Estatal de Baviera, e máis recentemente como director da mesma.
Entre 1971 e 1987 foi profesor de filoloxía románica na Universidade de Maguncia Johannes Gutenberg.[1] Nesta universidade tamén foi o director do instituto de lingua e cultura española e portuguesa no departamento de lingüística aplicada en Germersheim.
De 1987 até 1999 foi o director do Instituto Ibero‐Americano na Fundación Patrimonio Cultural Prusiano e catedrático de filoloxía iberorrománica na Universidade Libre de Berlín.[1]
De 1999 a 2004 ensinou filoloxía iberorrománica na Universidade Friedrich Schiller de Jena.[1] Tamén foi presidente da Asociación Alemá de Hispanistas entre 1995 e 1999, da que actualmente é membro horonario. En setembro de 2016 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Española.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.