A heroína é unha droga obtida da síntese do extracto de opio semisintético que procede da durmideira (Papaver somniferum), coa que se elabora a morfina que logo se somete a un proceso de acetilación co anhídrido acético para obter a heroína.
Diacetilmorfina ou Heroína | |
Nome: (5α,6α)-7,8-didehidro-4,5-epoxi- | |
Fórmula química | Carbono21H23NO5. |
Forma de asimilación | Vaporizada, insuflada, inxetada o vía oral |
Heroína asiática. | |
Sintomatoloxía
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Artigo principal: Toxicidade da heroína.
- Efectos inmediatos.
- Perda da consciencia, tolerancia á dor, afeccións físicas e ou emocionais, sentimentos de candidez, euforia, pracer e benestar. En doses altas pode sedar.
- Estrinximento, náuseas, diminución do desexo sexual, encollemento da pupila, depresión dos centros respiratorios, risco de coma, diminución do ritmo cardíaco e aumento da temperatura corporal.
- Efectos a longo prazo.
- Trastornos intestinais e urinarios, hemorraxias, pneumopatías infecciosas, septicemia.
- Debido á falta de asepsia na aplicación, é posible adquirir infeccións como hepatites virais ou mesmo a SIDA.
Tipos e variedades
N´3 e N´4
- A N´3 ou "brown sugar" gradúa de 15 a 45 % en diacetilmorfina. Esta móstrase en forma de pedras ou grans de cores crema, gris ou azul.
- A N´4 ten unha porcentaxe máis elevada de diacetilmorfina do 60 a 95%. Preséntase como po branco.
Historia
Empezouse a introducir na medicina en 1898, como un potente analxésico e un bo remedio contra os trastornos respiratorios tuberculosos. A partir de 1920, en paralelo, pasouse do seu uso terapéutico a unha utilización toxicómana. Actualmente fabrícase en laboratorios clandestinos do próximo Oriente e México.
Consumo
Fúmase (normalmente heroína n'3), cómese, inhálase ou inxéctase (shoot) por vía subcutánea, intravenosa ou intramuscular. Este último método volveuse corrente.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.