Asepsia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Asepsia é un termo médico que define o conxunto de métodos aplicados para a conservación da esterilidade. A presentación e emprego correcto de roupa, instrumental, materiais e equipos estériles, sen contaminalos en todo o procedemento cirúrxico coñécese como asepsia.[1] Tamén se chama asepsia á acción que se realiza ó limpar unha área determinada. Foi desenvolvida por Ernst von Bergmann,[2] despois dos traballos de Joseph Lister na antisepsia, esterilizando non só o campo operatorio, senón tamén os instrumentos, vestimentas e partes do corpo dos cirurxiáns que estivesen en contacto co paciente. A asepsia cirúrxica consiste na esterilización completa e a ausencia total de bacterias nunha área.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.