Club de fútbol costarricense From Wikipedia, the free encyclopedia
O Deportivo Saprissa é un club profesional de fútbol da localidade de Tibás, San José, fundado o 16 de xullo de 1935, que compite no torneo da Primeira División de Costa Rica.
Deportivo Saprissa | |||
---|---|---|---|
Nome | Deportivo Saprissa | ||
Alcume(s) | El monstruo, La "S", Los Morados | ||
Fundación | 16 de xullo de 1935 | ||
Estadio | Estadio Ricardo Saprissa Tibás, San José | ||
Inauguración | 27 de agosto de 1972 | ||
Capacidade | 23.112 | ||
Propietario | Horizonte Morado | ||
Presidente | Juan Carlos Rojas Callán | ||
Adestrador | Alexandre Guimarães | ||
Liga | Primeira División | ||
2011 | 3º | ||
Vestimenta | Joma | ||
Patrocinador | Bimbo | ||
Na rede | |||
http://www.saprissa.co.cr/ | |||
| |||
Trátase dun dos clubs máis laureados do continente americano, con 29 campionatos de liga (récord), 5 Copas Interclubs da UNCAF (récord) e 3 Ligas de Campións da CONCACAF. Por todo iso, a IFFHS elixiu o Deportivo Saprissa como mellor equipo do século XX da Concacaf, por diante doutros grandes equipos mexicanos ou norteamericanos. En 2005 acadou o 3º posto nesa edición da Copa Mundial de Clubs da FIFA, feito que non foi igualado por ningún outro equipo da Concacaf até a actualidade.
O seu nome deriva dun dos seus fundadores: Ricardo Saprissa (1901-1990), un destacado xogador de fútbol (xogou 10 anos no RCD Espanyol) e de tenis (representou a España na Copa Davis e nos Xogos Olímpicos de 1924). En 1931 foi chamado polo seu irmán Rogelio para que o axudase na creación dun negocio téxtil en San José (Costa Rica), e Ricardo Saprissa marchou cara a aló. Cando en 1935 algúns veciños da cidade quixeron crear un novo equipo, decidiron que ese equipo se chamase Saprissa FC coa idea de que el o patrocinase, cousa que accedeu a facer. Dende 1935 até 1981 el foi o presidente do club.
O Deportivo Saprissa xoga os seus encontros como local no Estadio Ricardo Saprissa, situado 3'5 quilómetros ó norte do centro da cidade de San José. O estadio foi inaugurado o 27 de agosto de 1972, e ten capacidade para acoller a 23 112 seareiros nas súas bancadas. Este recinto recibe o alcume de "A Cova do Monstro". A Selección de fútbol de Costa Rica ten xogado neste estadio mais encontros que en ningún outro estadio.
O club mantén unha intensa rivalidade co LD Alajuelense e co Club Sport Herediano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.