From Wikipedia, the free encyclopedia
Os dendrocigninos (Dendrocygninae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos.[1] Comunmente son coñecidos como irerés.[2]
Dendrocigninos Dendrocygninae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dendrocygna autumnalis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Porén, algúns autores clasifícanos como unha familia independente, a dos dendrocígnidos (Dendrocygnidae),[3] mentres que para outros sería unha tribo, dendrocininos (Dendrocygnini) dentro da subfamilia dos anserinos.
Algunhas clasificacións [1] inclúen nesta subfamilia o xénero Thalassornis, que outros ás veces inclúen na súa propia subfamilia (Thalassorninae).
O nome da subfamilia está formado sobre a base do nome do xénero, Dendrocygna, coa desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias zoolóxicas.
En canto ao nome do xénero, fórmase co prefixo do latín científico dendro-, tirado do grego δένδρον déndron, árbore, e o o latín cygna, forma feminina de cygnus, cisne, termo derivado do grego κύκνος kýknos, co mesmo significado.
É dicir, o nome da subfamilia quere dicir, literalmente, 'os cisnes arborícolas'.
A subfamilia abrangue oito especies de aves acuáticas de corpo esvelto, do tamaño dun pato pequeno, coas patas longas e o pescozo moi longo (que recorda en certo modo aos cisnes, as ás anchas e a plumaxe de cores variadas, semellante nos dous sexos (non hai dimorfismo sexual).
Andan, nadan e mergúllanse ben, e tamén voan, pousando nas ramas das árbores para descansaren. De costumes nocturnos e moi sociábeis, están amplamente difundidos polas rexións tropicais e subtropicais de América, África oriental, Madagascar, Asia meridional e suroriental, Nova Guinea e Australia.
Aliméntanse sobre todo de materias vexetais, que atopan nos bosques pantanosos, lagos con frondosa vexetación acuática, estanques e pozas, e tamén en terreos cultivados e parques, como palmeirais e arrozais.
Teñen, como un dos seus nomes en castelán indica, patos silbadores, patos asubiadores (ou en inglés, whistling ducks), un canto que recorda un asubío.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.