Demetrio García Álvarez, coñecido como Pedro, nado nas Chás (Oímbra) o 16 de maio de 1912 e finado en Francia, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaDemetrio García Álvarez
Biografía
Nacemento16 de maio de 1912 Editar o valor en Wikidata
As Chás, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
19 de decembro de 1946batalla de Cambedo Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 2813
Pechar

Traxectoria

Fillo de Primitivo García Justo. Logo dunha pelexa cun veciño na que usou o seu revólver en maio de 1935,[1] foi condenado polo Xulgado de Verín. Ingresou no Forte de San Cristovo de Pamplona o 13 de xullo de 1936.[2] Estivo preso no Forte San Cristovo ata que a Xunta de goberno da Audiencia de Ourense propuxo o seu licenciamento para o 14 de abril de 1937.[3] Fuxido no monte dende 1937, foi o líder do grupo guerrilleiro que actuaba na raia galaico portuguesa pola zona de Verín e Chaves en 1945. Ao ano seguinte integrouse na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia grazas ao labor de Samuel Mayo Méndez. No grupo integrouse Juan Salgado Riveiro. O grupo foi acusado da morte do xefe de Falanxe de Vilaza, Antonio Aguirre Padrón.

O 9 de decembro de 1946 dirixiu o asalto ao autobús de liña da empresa Perille que facía a ruta Ourense-Verín nas Estibadas, na chamada curva de Atás.[4] Refuxiado en Cambedo con outros compañeiros, foi ferido na batalla de Cambedo o 21 de decembro de 1946. Detido xunto co seu cuñado Manuel Bárcia, ingresou na prisión de Porto o 23 de decembro. Foi xulgado polo Tribunal Territorial de Porto e condenado a 19 anos de prisión. Foi enviado ao campo de concentración de Tarrafal (Cabo Verde) en xuño de 1948. Rematou de cumprir a pena no cárcere de Lisboa de onde foi liberado o 19 de febreiro de 1965. Exiliado en Francia, instalouse en París e despois en Bordeos, e non retornou a Galicia.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.