From Wikipedia, the free encyclopedia
David Brewster, nado o 11 de decembro de 1781 en Jedburgh (Escocia) e finado o 10 de febreiro de 1868 en Roxburghshire (Escocia), foi un científico, naturalista, inventor e escritor escocés.
Naceu en Jedburgh, fillo dun mestre de escola. Aos 12 anos entrou na Universidade de Edimburgo para estudar teoloxía, aínda que xa nesa época amosaba grande inclinación polas ciencias naturais. A partir de 1799 comeza a estudar a difracción da luz, os resultados das súas investigacións vainas publicando en Philosophical Transactions e noutras publicacións científicas.
Estableceu as leis da polarización por reflexión e refracción, estableceu as leis da reflexión metálica e realizou numerosos experimentos sobre a absorción da luz. En 1816 inventou o calidoscopio. Brewster contribuíu á Edinburgh Encyclopaedia e á 7ª e 8ª edicións da Encyclopædia Britannica e publicou unha biografía de Isaac Newton en 1831,
As crenzas cristiás de Brewster impulsárono a responder contra a idea da transmutación de especies e a teoría da evolución. A súa opinión era que "a ciencia e a relixión deben ser unha, xa que cada unha trataba da Verdade, que tiña só un e mesmo autor".[1] En 1845 escribiu unha revisión moi crítica da obra evolucionista Vestiges of the Natural History of Creation[2] que consideraba un insulto á revelación cristiá e un perigoso exemplo de materialismo.
En 1862, respondeu a On the Origin of Species de Charles Darwin e publicou o artigo The Facts and Fancies of Mr. Darwin. Afirmou que o libro combinaba "feitos interesantes e fantasías ociosas" que constituían unha "especulación perigosa e degradante". Aceptou os cambios adaptativos, pero opúxose firmemente á afirmación de Darwin sobre a "forma primordial", que consideraba unha idea ofensiva "tanto para o naturalista como para o cristián".[3]
Fillo de Margaret Key e James Brewster, reitor da Jedburgh Grammar School.[4] David era o terceiro de seis fillos.
Aos 12 anos, matriculouse na Universidade de Edimburgo (da que chegaría a ser reitor) coa intención de converterse en crego e chegou a predicar en varias ocasións. Para entón, Brewster tiña xa mostraba unha forte inclinación polas ciencias naturais e establecera unha estreita asociación con James Veitch.
Brewster casou dúas veces, coa primeira muller, Juliet Macpherson, tivo catro fillos e unha filla, que se convertería na súa biógrafa; a segunda foi Jane Kirk Purnell, que se desmaiou no debate de Oxford sobre a evolución, e coa que tivo outro fillo.
Unha rúa e a facultade de Física da Universidade Heriot-Watt levan o seu nome.
Brewster está enterrado nos terreos da Melrose Abbey, nas Scottish Borders.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.