futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel Mallo Castro, coñecido como Dani Mallo, nado en Cambre o 25 de xaneiro de 1979, é un exfutbolista e político galego. Xogaba de porteiro.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1979 (45 anos) Cambre, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Natural de Cambre, comezou a xogar ao fútbol na canteira do Sporting Cambre e aos 16 anos xa defendía a portería do primeiro equipo na Segunda Autonómica.[1] Pouco despois ingresou no equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, onde coincidiu con futbolistas como Deus ou Amarelle. Con Dani Mallo como gardameta, o xuvenil deportivista conseguiu unha das maiores xestas da súa historia, proclamándose campión de España en 1996, tras derrotar ao Real Madrid na final do campionato disputado en Puertollano.[2]
Na tempada 1996/97 subiu ao Fabril, da Segunda División B, estando durante case todo o ano á sombra de Fran Martínez.[3] Unha varicela sufrida polo venezolano, propiciou que Mallo puidese debutar finalmente co filial durante a promoción de ascenso a Segunda División, nunha histórica vitoria por 1-4 sobre o Córdoba no Nuevo Arcángel.[3] Con todo, o equipo galego non acadou o ascenso, como tampouco fixo na tempada seguinte, na que volveu disputar a promoción, xa con Dani Mallo asentado na titularidade.[3]
Pasou ao cadro do primeiro equipo en Primeira División en 2001, pero non debutou oficialmente até o 5 de maio de 2003, cando xogou vinte minutos na vitoria deportivista fronte ao Recreativo de Huelva.
Ao non xogar apenas partidos e figurar como terceiro porteiro do equipo, foi cedido na tempada 2003–04 ao Elche CF, en Segunda División. Con este conxunto, disputou todos os partidos do ano, e a escuadra quedou na posición 14ª. Ao ano seguinte volveu ao Deportivo, pero seguiu sen xogar, e o 10 de xullo de 2006 anunciou que fichaba polo equipo portugués do Sporting de Braga ao que marchou para disputar a tempada 2006–07 na posición de porteiro suplente. Xogou un partido naquel ano, e á tempada seguinte, por culpa da lesión do titular Paulo Santos, disputou sete partidos da Liga portuguesa, e tamén varios encontros da Copa de Portugal e da Copa da UEFA. Ao final da tempada a súa ficha pasa a ter unha situación pouco definida: adestra por separado, non xoga ningún encontro e no mercado de inverno de xaneiro de 2009 fichou polo Falkirk FC da Scottish Premier League.[4].
En xullo de 2009, Mallo resultou relegado debido á marcha do adestrador John Hughes ao Hibernian FC, e o xogador galego elixiu ir a Cataluña para xogar co Girona FC.[5] Tras varios anos en Xirona realizando boas tempadas, o 5 de xullo de 2013 asinou por dúas tempadas co Club Deportivo Lugo.
Ano | Club | División | Partidos | Goles rec. |
---|---|---|---|---|
1997-1998 | Deportivo B | Segunda B | 28 | |
1998-1999 | Deportivo B | Segunda B | 13 | |
1999-2000 | Deportivo B | Terceira | ||
2000-2001 | Deportivo B | Segunda B | 35 | 63 |
2001-2002 | Deportivo B | Terceira | ||
2001-2002 | Deportivo | Primeira | 0 | 0 |
2002-2003 | Deportivo | Primeira | 2 | 1 |
2003-2004 | Elche | Segunda | 38 | 55 |
2004-2005 | Deportivo | Primeira | 1 | 1 |
2005-2006 | Deportivo | Primeira | 0 | 0 |
2006-2007 | Sporting Braga | Primeira Liga | 1 | 0 |
2007-2008 | Sporting Braga | Primeira Liga | 7 | 7 |
2008-2009 | Falkirk | Scottish P.L. | 15 | 17 |
2009-2010 | Girona | Segunda | 10 | 15 |
2010-2011 | Girona | Segunda | 10 | 17 |
2011-2012 | Girona | Segunda | 22 | 26 |
2012-2013 | Girona | Segunda | 39 | 49 |
2013-2014 | Lugo | Segunda | 16 | 24 |
2014-2015 | Lugo | Segunda | 14 | 14 |
2015-2016 | Albacete | Segunda |
Foi colaborador da RTVG como comentarista e analista en programas de fútbol, foi delegado do sindicato de futbolistas AFE e adestrador de porteiros nas categorías de nenos e mozos do Deportivo.
Ademais, presentouse nas listas electorais de Unión por Cambre nas eleccións municipais de 2019 e foi elixido concelleiro. No segundo goberno de Óscar García Patiño (UxC), Mallo asumiu a carteira de Deporte, Mocidade e Cultura.
Tamén ten colaborado como voluntario de rescate coa Cruz Vermella[6].
O campo de fútbol municipal do concello de Cambre leva o seu nome.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.