From Wikipedia, the free encyclopedia
O McDonnell Douglas DC-10 é un trimotor de longa distancia fabricado por McDonnell Douglas. Dous dos seus motores sitúanse en góndolas baixo as ás, mentres que o terceiro atópase na parte traseira da fuselaxe, debaixo do estabilizador vertical. Foi concibido coma sucesor do McDonnell Douglas DC-8 en operacións de longo percorrido, e para competir co Airbus A300 en rutas de medio percorrido, así coma co Lockheed L-1011 Tristar.
McDonnell Douglas DC-10 | |
---|---|
DC-10 de Iberia | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | McDonnell Douglas |
Primeiro voo | 29 de agosto de 1970 |
Introducido | 5 de agosto de 1971 |
Produción | 1968 - 1988 |
Unidades construídas | DC-10: 386 KC-10: 60 |
Realizou o seu voo de estrea o día 29 de agosto de 1970 e entrou en servizo o 6 de agosto de 1971 coa aeroliña American Airlines. A configuración típica é de 270 asentos en dúas clases. O inicial DC-10-10 tiña un alcance de 6, 00 km para voos transcontinentais, e o -15 tiña motores máis potentes. Os modelos -30 e -40 eran máis pesados e incluían un treceiro pé na tren de aterraxe principal, tendo un alcance de ata 9 600 km.
Algúns modelos baseados no DC-10-30 foron construídos para a Forza Aérea dos Estados Unidos coma avións cisterna para reabastecemento en voo, versión coñecida coma KC-10 Extender.
Un fallo de deselo nas portas de carga causou un historial de seguridade deficiente nas súas primeiras operacións. Tras o accidente do voo 191 de American Airlines (o peor ocorrido nos Estados Unidos), a Administración Federal de Aviación (FAA) deixou en terra todos os DC-10 estadounidenses en xuño de 1979. En agosto de 1983 McDonnell Douglas anunciou que pararía a fabricación debido á falta de pedidos, xa que o modelo tivo unha aprehensión do público xeneralizada tras o accidente de 1979 e pola súa pobre reputación polo seu alto consumo de combustible.[1] Os fallos de deseño arranxáronse e a súa frota voou máis horas, acadando un récord de seguridade comparable ao de avións semellantes do seu tempo.
A súa fabricación rematou en 1989, con 386 entregas a aeroliñas xunto con 60 KC-10 de reabastecemento en voo. O DC-10 verdeu máis que o semellante Lockheed L-1011 TriStar. O máis longo e pesado McDonnell Douglas MD-11 foi o seu sucesor. Tras fusionarse con McDonnell Douglas en 1997, Boeing actualizou moitos DC-10 en servizo como o MD-10 cunha cabina de cristal para eliminar o posto do enxeñeiro de voo. En febreiro de 2014 o DC-10 fixo o seu derradeiro voo comercial de pasaxeiros. O modelo seguiu sendo operado como cargueiro, sendo o seu maior operador FedEx Express. O Orbis Flying Eye Hospital é un DC-10 adaptado como quirófano para ollos. Algúns exemplares están expostos, mentres que outros DC-10 están almacenados.
Tras unha fracasada proposta para o programa CX-HLS (Heavy Logistics System) da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1965, Douglas Aircraft comezou estudos baseados no seu deñeño para o CX-HLS. En 1966 American Airlines ofreceu unha especificación aos fabricantes para un avión de fuselaxe ancha máis pequeno que o Boeing 747 pero capaz de voar rutas longas semellantes dende aeroportos con pistas máis curtas. O DC-10 converteuse no primeiro avión de pasaxeiros de McDonnell Douglas tras a fusión entre McDonnell Aircraft Corporation e Douglas Aircraft Company en 1967.[2] Unha primeira proposta de deseño do DC-10 era un avión de dobre cuberta con catro motores cunha capacidade máxima de 550 pasaxeiros e unha lonxitude semellante ao DC-8. A proposta arquivouse en favor dun avión trirreactor dunha única cuberta cunha capacidade máxima de 399 pasaxeiros e unha lonxitude semellante ao DC-8 Super 60.[3]
O 19 de febreiro de 1968, no que se supoñía ía ser un golpe de graza para o seu competidor Lockheed L-1011, George A. Spater, presidente de American Airlines, e James S. McDonnell de McDonnell Douglas anunciaron a intención da aeroliña de mercar o DC-10. Isto foi un shock para Lockheed e houbo un acordo xeral dentro da industria aeronáutica estadounidense de que American Airlines deixara aos seus competidores na porta de saída. Xunto coa decisión de American Airlines de anunciar o pedido do DC-10, tamén se dixo que a aeroliña declarara a súa intención de ter o motor turboventilador Rolls-Royce RB211 nos seus DC-10.[4]
O DC-10 foi pedido primeiro polos seus clientes de lanzamento American Airlines con 25 pedidos, e United Airlines con 30 e 30 opcións en 1968.[5] O primeiro DC-10, un serie 10, fixo o seu voo de estrea o 29 de agosto de 1970. Tras un programa de probas de 1 551 horas en 929 voos, o DC-10 recibiu o seu certificado da FAA o 29 de xullo de 1971, e entrou en servizo con American Airlines o día 5 de agosto, nun voo entre Os Ánxeles e Chicago, estreándose con United Airlines tamén ese mes. Os DC-10 de American iñan unha configuración de 206 asentos e os de United de 222; os dous tiñan seis asentos por fila en primeira clase e oito en clase económica. A semellanza de deseño do DC-10 e o Lockheed L-1011, as súas capacidades de pasaxeiros, e as datas de lanzamento resultaron nunha competición de vendas que afectaron á rendabilidade do avión.
O KC-10 Extender é unha versión militar do DC-10-30CF para o reabastecemento de avións en voo. O avións foi solicitado pola Forza Aérea dos Estados Unidos e entregado dende 1981 ata 1988, fabricñandose un total de 60 aparellos.[20]
O KDC-10 é un avión de reabastecemento para a Real Forza Aérea dos Países Baixos. Estes eran conversións de avións civís DC-10-30CF a un estándar semellante ao KC-10. As compañías de reabastecemento Omega Aerial Refueling Services[21] e Global Airtanker Service[22] operaron dous avións KDC-10 para alugar. Construíronse catro unidades.
O DC-10 Air Tanker é un avión de loita contra incendios baseado no DC-10 que usa depósitos de auga modificados de Erickson Air-Crane.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.