From Wikipedia, the free encyclopedia
Swissair foi a antiga aeroliña nacional de Suíza. Creouse da fusión entre Balair e Ad Astra Aero (To the Stars) en 1931. Durante a meirande parte dos seus 71 anos, Swissair foi unha das principais aeroliñas internacionais e era coñecida como o "Flying Bank" (banco flotante) debido á súa estabilidade financeira, o que causaba que fose respectada como un símbolo e unha icona nacional suíza. A aeroliña prosperou nos anos 80, cando foi unha das "catro grandes" da Europa occidental. Tiña as súas sedes no Aeroporto de Zürich e en Kloten.
Swissair | ||
---|---|---|
IATA SR | OACI SWR | Indicativo SWISSAIR |
Fundación | 26 de marzo de 1931 | |
Fin das operacións | 31 de marzo do 2002 (operacións transferidas a Crossair, que pasou a ser Swiss International Air Lines) | |
Plan de voo frecuente | Qualiflyer | |
Frota | 76 (2002) | |
Destinos | 157 | |
Holding | SAirGroup | |
Páxina web: http://www.swissair.com/ |
En 1997 o Swissair Group foi rebautizado SAirGroup (aínda que volvería a chamarse Swissair Group en 2001), e pasaría a estar formado por catro subdivisións: SAirlines (a onde pertencían Swissair, Crossair, Balair e FlightLease), SAirServices, SAirLogistics e SAirRelations.
A sobreespansión debida á controvertida “estratexia de cazador” de finais dos 90 e a crise económica que seguiu os atentados do 11 de setembro de 2001 levou á perda de valor dos activos de Swissair dun xeito espectacular, deixando en terra á aeroliña en outubro de 2001. A compañía foi mantida con vida polo goberno suízo ata o 31 de marzo de 2002.
O 1 de abril fundouse a súa sucesora, Swiss International Air Lines, sobre a base da antiga Crossair, facéndose coa meirande parte das rutas, avións e traballadores de Swissair. Hoxe en día a compañía SAirGroup aínda existe e está en proceso de liquidación. Lufthansa tomou o control de Swiss International Air Lines no ano 2005.
Avión | Total | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|
Airbus A319 | 9 | 110 | |
Airbus A320-200 | 24 | 134 | |
Airbus A321-100 | 8 | 170 | |
Airbus A330-200 | 14 | 196 | |
Airbus A340-300 | 15 | 219 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.