Este artigo trata sobre a planta, para o material de escritura véxase o artigo: papiro.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Pechar

O papiro (Cyperus papyrus) é unha especie de planta palustre, do xénero Cyperus, da familia das ciperáceas. Está constituído por un talo de sección triangular que no seu extremo superior porta follas dispostas en estrela.

Detalle da planta

Descrición

Os talos poden acadar de tres a cinco metros de lonxitude, e até seis metros ao seu ápice. Medra sobre terreos areentos e cheos de humidade, con abundante insolación durante todo o ano, podendo ter o pé do seu tronco totalmente mergullado na auga. A sección dos talos é dun grosor de varios centímetros nos exemplares máis grandes.

As súas follas son de cor verde xade, longas, magras, firmes, con espigas marróns, de dez a trinta cm de longo. Ten longos troncos granizos que levan no ápice unha grande inflorescencia liviá e plumosa en abano e, curiosamente, os renovos xorden sempre do mesmo segmento. Bioquimicamente realiza a súa síntese de carbohidratos pola máis eficiente vía de 4 carbonos.

O papiro multiplícase principalmente a través dos seus rizomas, das que agroman novos troncos a intervalos regulares. Produce tamén sementes que poden ser transportadas polo vento. Porén, o Cyperus alternifolius orixinario de Madagascar, pode tamén reproducirse por esgollos: un fragmento de tronco, afundido parcialmente baixo a auga, xera raíces e das que xorden novos troncos. Tolera temperaturas de 20 a 33 °C, e pH entre 6 e 8,5.

Distribución

Cyperus papyrus, é unha planta orixinaria de Exipto que medra na beira do río Nilo e o seu delta, e servía para elaborar os antigos papiros manuscritos.

Nas ribeiras cubertas de papiros, só os animais grandes e pesados poden abrir camiño, como elefantes ou hipopótamos, e os demais seres utilizan estas vías para transitar.

Taxonomía

Cyperus papyrus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 47. 1753.[1]

Etimoloxía

Cyperus: nome xenérico que deriva do grego e que significa "xunco".

papyrus: epíteto latino que significa "de papel".[2]

Variedades
  • Cyperus papyrus subsp. madagascariensis (Willd.) Kük.
  • Cyperus papyrus subsp. nyassicus (Chiov.) Kük.
  • Cyperus papyrus subsp. papyrus
  • Cyperus papyrus subsp. zairensis (Chiov.) Kük.[3]
Sinonimia

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.