From Wikipedia, the free encyclopedia
Cyanocorax caeruleus é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax.
Cyanocorax caeruleus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No Parque Nacional de Aparados da Serra (Rio Grande do Sul e Santa Catarina) | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Cyanocorax caeruleus (Vieillot, 1818) | |||||||||||||||||
Área de distribución de Cyanocorax caeruleus |
Encóntrase no suroeste do Brasil (desde o estado de São Paulo até o de Rio Grande do Sul), chegando ao leste de Paraguai e o nordeste da Arxentina, en bosques da chamada Mata Atlántica, especialmente nos que abunda a especie Araucaria angustifolia.
É a ave símbolo do estado do Paraná.[2]
A especie foi descrita en 1818 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[3] baixo o nome de Pica coerulea,[4] no vixésimo sexto tomo da súa obra Nouveau Dictionnaire d'Histoire Naturelle, dun espécime que encontrou no Paraguai.[5]
Para a do xénero ver Cyanocorax.
O epíteto específico, caeruleus, deriva do nominativo singular do adxectivo latino cæruleus, -a, um, "azulado".
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[4]
Cyanocorax caeruleus ten unha lonxitude total de aproximadamente 40 cm, e pesa uns 270 g, e é o córvido máis grande de América do Sur. A súa plumaxe é de cor azul intenso coa cabeza e a parte superior do peito de cor negra contrastante. Os machos e as femias son semellantes, aínda que as femias normalmente son máis pequenas.
Aliméntase en gran medida de sementes, como as noces de Araucaria angustifolia, pero non se limita estritamente a isto, xa que tamén consome insectos e froitas.
Ao igual que outros córvidos, é moi intelixente. A súa comunicación é complexa, e consta de polo menos de 14 distintas vocalizacións. Forma grupos de 4 a 15 individuos que están ben organizados en xerarquías. Estes grupos mantéñense estábeis até polo menos dúas xeracións.
A súa época de cría é de outubro a xaneiro. Este paxaro é un criador social. As femias poñen de 2 a 4 ovos no niño, que está feito con paus, e situado entre os 10 e os 20 m sobre o chan nunha árbore do xénero Araucaria.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é probábel que esta especie, que habita nos bosques, estea diminuíndo con moderada rapidez en toda a súa área de distribución como resultado da destrución do seu hábitat, cualifica o seu status como NT (case ameazada).[1]
Cóntase que unha gralla negra estaba enriba dunha araucaria, cando se asustou polo son dun home que intentaba derrubar a árbore cunha machada. Entristecido pola destrución do seu fogar, o corvo voou ao ceo, cando escoitou unha voz que dicía que sería pintada coa cor do ceo e que sería gardián das árbores. E como gardián das araucarias, até as armas negarían o fogo cara a ela.[6]
Este folclore baséase sobre todo no hábito que ten esta ave de enterrar sementes de araucaria para consumir posteriormente, favorecendo a propagación da árbore por toda a comarca, e sendo considerada a maior difusora da especie.[6]
Pero, por riba, amosa a importancia que teñen para os habitantes de Paraná a araucaria e a gralla azul. Como quedou dito, é o símbolo oficial do estado de Paraná, dá nome ao máximo premio das artes teatrais de Paraná (Troféu Gralha Azu),[7] e é a mascota do equipo de fútbol Paraná Clube, e figura no escudo deste equipo.[8]
Tamén inspirou ao superheroe de cómics O Gralha (O Gralla), un superheroe creado por artistas de Curitiba.[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.