Cumiar, Ponteareas
parroquia civil do concello de Ponteareas From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Ponteareas From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo Estevo de Cumiar é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 123 habitantes (55 homes e 68 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación.
Cumiar | |
---|---|
Concello | Ponteareas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°11′24″N 8°27′03″O |
Poboación | 123 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Santo Estevo de Cumiar é románica. O arco triunfal é semicircular, pero moi irregular, probablemente por algunha reconstrución. Apoia en columnas entregas con capiteis moi deteriorados. No muro existe unha talla dun gran león moi esquemático coas catro patas dobradas cara a adiante. Por unha inscrición sábese que a igrexa se edificou orixinalmente no século XII.
Este templo está moi reformado, pero aínda que conserva a portada occidental e o arco triunfal refeito. Nesta portada hai unha inscrición que data a igrexa no ano 1184, aínda que é probable que se trate dunha primeira fase pois moitos dos elementos da igrexa parecen máis tardíos.
Lugares da parroquia de Cumiar no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
O Areal de Fontes | O Calvario | Candeira | Carballas | A Coutada | O Cruceiro | As Eiras | A Mo | Santa Cruz |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.