Angoares, Ponteareas
parroquia civil do concello de Ponteareas From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Ponteareas From Wikipedia, the free encyclopedia
San Pedro de Angoares é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponteareas na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 486 habitantes (262 mulleres e 224 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.
Angoares | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Ponteareas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′53″N 8°30′24″O |
Poboación | 459 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fonte: IGE
2018 | 2017 | 2016 | 2015 | 2014 | |
HOMES | 214 | 214 | 221 | 243 | 223 |
MULLERES | 245 | 247 | 235 | 224 | 255 |
TOTAL | 459 | 461 | 456 | 467 | 478 |
A igrexa de San Pedro de Angoares é do século XII. A súa orixe hai que buscala nun mosteiro visigodo situado sobre unha vila romana, séculos máis tarde construiríase a igrexa románica. Ten planta de cruz latina e testeiro recto, destacando os seus capiteis e a magna colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos. Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a súa cabeza, como se estivesen meditando. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita no ano 1900.
Pola parroquia de Angoares pasa o río Tea e o seu afluente o río Uma. Neste último, no lugar de Cabalón, existe unha ponte medieval xunto á cal mana un manancial que, segundo din, é similar á auga que agroma na vila de Mondariz. Pódese pasear pola súa ribeira apreciando e admirando a vexetación e fauna típica de bosque de ribeira.
Lugares da parroquia de Angoares no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
A Abelleira | O Cabalón | O Carballal | Picón | As Searas | A Valboa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.