From Wikipedia, the free encyclopedia
A cultura calima (entre os anos -200 e 400) é unha serie de culturas precolombianas que se desenvolveron en Valle del Cauca, Colombia.[2] As catro culturas que ocuparon sucesivamente o val e que conforman a cultura calima reciben os nomes de ilama, yotoco, sonso e malagana.[2]
Cultura calima | |
---|---|
Territorio histórico da cultura calima. | |
Poboación | |
Poboación total: c 100 | |
Rexións principais: | |
Colombia | 102 (censo de 2018)[1] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua castelá |
O Museo Arqueolóxico Calima de Darién e o Museo do Ouro Calima conteñen importantes coleccións de obxectos da cultura calima.[2]
A cultura calima abrangue a diferentes grupos que vivían nesa rexión durante diferentes períodos de tempo, pero por mor ás semellanzas dos restos arqueolóxicos e ó feito de que estas persoas habitaban nas mesmas zonas, a rexión coñécese como Calima.
Localizábanse na Cordilleira occidental dos Andes, no suroeste de Colombia (actual Valle del Cauca), a unha altura de 1 500 metros de altitude[3]
A historia da cultura calima divídese en dous grandes períodos:
Pertencían ó grupo lingüístico caribe, relacionados cos panches e os muzos.[4]
Os termos yotoco e sonso son termos indíxenas que sobreviviron á época colonial. Ilama era o nome dun pobo de territorio sonso que en 1552 se atopaba baixo o mando dun cacique de nome “Bonba”, rei da terra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.