Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas caribes[1] son unha familia lingüística indíxena de América do Sur. Espállanse pola zona norte do continente, dende a desembocadura do río Amazonas até os Andes de Colombia,[2] pero tamén están presentes no centro do Brasil. As linguas caribes están relativamente emparentadas entre elas, e o seu número varía entre as dúas e as tres ducias de linguas, dependendo das diferentes consideracións entre lingua e dialecto. A maioría delas aínda son faladas, malia que que adoitan contar cun poucos centos de falantes. A única que conta conta cun bo número de falantes é a lingua macushi, con 30 000. A familia caribe é coñecida no mundo da lingüística por mor da lingua hixkaryana e a súa orde de obxecto-verbo-suxeito, que se cría que non existía na linguaxe humana.
Linguas caribes | ||
---|---|---|
Falado en: | América do Sur | |
Rexións: | Norte do continente, sur do Caribe e en América Central. | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Ye-tupí-caribe Linguas caribes | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Algúns anos antes da chegada dos primeiros conquistadores españois, os caribes invadiron e ocuparon as Antillas Menores, matando, desprazando ou asimilando ós pobos arauacos que habitaban as illas. A lingua resultante era caribe de nome pero arauaca en esencia. Isto débese a que os invasores caribes mataban ós homes arauacos e tomaban esposas arauacas, que logo pasaban a súa propia lingua ós seus fillos. Durante un tempo, o arauaco era falado polas mulleres e os nenos, e o caribe polos homes adultos, mais a situación era inestable. Con cada nova xeración de caribes-arauacos, menos elementos do caribe mantiñan, até que só quedaron uns poucos elementos de vocabulario e aspectos gramaticais básicos. Esta "lingua caribe das illas" extinguiuse nas Antillas Menores na década de 1920, mais sobreviviu na forma de garífuna, ou "caribe negro", en América Central. Dominica é a única illa do Caribe que conserva poboación precolombiana —os indios caribes —arredor de 3 000 que viven na costa leste do país.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.