Cuñas é un lugar da parroquia da Pena no concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 29 habitantes (16 homes e 13 mulleres).

Datos rápidos Parroquia, Concello ...
Cuñas
Thumb
Santuario de San Bieito.
ParroquiaA Pena
ConcelloCenlle
Coordenadas42°21′16″N 8°06′49″O
Poboación29 hab. (2022)
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Patrimonio

Aquí está o Santuario de San Bieito (1751), un dos máis importantes dos situados na comarca do Ribeiro na honra de San Bieito.

Neste lugar atópase unha casa do século XVII con arco de medio punto de grandes doelas. Nela hai un escudo con catro particións: un oso subindo a un piñeiro; unha torre; cinco bandas diagonais; un piñeiro do que saen dúas ás. Posiblemente da familia Pardo e Piñeiro.

Outro dos edificios emblemáticos da parroquia é a adega de principios do século XII, que no seu día formou parte das propiedades do Mosteiro de San Clodio. Consta de dúas edificacións, restauradas mantendo o aspecto orixinal, nunha delas, mantén o seu antigo lagar.

Festas

As festas patronais teñen lugar entre o 10 e o 12 de xullo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares da Pena

Máis información Lugares da parroquia da Pena no concello de Cenlle ...
Lugares da parroquia da Pena no concello de Cenlle

Cacabelos | O Coedo | Cuñas | Lentille | Pazos Ermos | Roucos | San Lourenzo

Pechar

Parroquias de Cenlle

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.