Coroide

From Wikipedia, the free encyclopedia

Coroide
Remove ads
Remove ads

Chámase coroide a unha membrana escura e vascular do ollo profusamente irrigada con vasos sanguíneos e tecido conectivo, que se atopa entre a esclerótica e a retina, coa función de nutrir esta e mais o cristalino.[1][2] A parte máis posterior está perforada polo nervio óptico e continúa por diante coa zona ciliar. Á parte da  citada función de nutrición, serve tamén para manter a temperatura constante dalgunhas estruturas do globo ocular.[3]

Máis información Latín, Sistema ...
Remove ads

Composición

A coroide está formada, de fóra a dentro, por tres capas:[4]

  • Capa supracoroidea ou lámina fusca. É unha capa de tecido conxuntivo formada por laminiñas onde se observan fibras elásticas, coláxeno e celularidade representada por melanocitos e fibroblastos, que separa os capilares da esclerótica.
  • Estroma ou lámina vasculosa. Ocupa a maior parte e é a propiamente vascular, con ramas ciliares da arteria oftálmica. Presenta fibras nerviosas e vasos, ademais de fibras de coláxeno, fibras elásticas, fibroblastos, macrófagos e melanocitos. En función do seu tamaño e da súa localización, os vasos pódense clasificar en tres capas:
    • Capa de Haller: situada externamente e formada polos grandes vasos.
    • Capa de Sattler: capa media, formada por vasos medianos.
    • Capa de Ruysch ou coriocapilar interna: formada por arteriolas capilares e vénulas. Os capilares están moi unidos uns a outros. Nutre o epitelio pigmentario da retina.
  • Lámina vítra de Bruch. Está en íntima relación coa retina. Relaciónase coa retina a través da súa superficie interna ou retiniana, entanto que a súa superficie externa é a porción coroide.

Nos humanos, a coroide presenta unha pigmentación escura debido á presenza de melanina e unha grande abundancia de vasos sanguíneos, o que axuda a absorber luz que chega ao ollo e previr así a súa reflexión (que carrexaría a formación de imaxes confusas). A mala visión dos albinos débese á falta de melanina nesta membrana. Noutros animais atópanse partículas reflectoras sobre a coroide para axudar a recoller luz en ambientes de escuridade, o chamado tapetum lucidum.

O efecto de ollos vermellos nas fotografías débese á reflexión da luz sobre a coroide. Aparece de cor vermella debido aos vasos sanguíneos na úvea.

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads