A tempada 2010-2011 da Heineken Cup foi a 16ª edición da máxima competición continental do rugby europeo, e na cal se proclamou campión de Europa por segunda vez o Leinster Rugby irlandés.
Como viña sendo habitual nos últimos anos, 24 foron os equipos participantes, divididos en 6 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, que é a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, viñeron os cuartos de final e semifinais, a partido único, e a final. A primeira xornada foi o día 8 de outubro do 2010, e a gran final se disputou o 21 de maio do 2011, no Millennium Stadium de Cardiff.
O equipo defensor do título obtido na tempada anterior era Stade Toulousain, que acadara por 4ª ocasión o torneo na tempada 2009-10 vencendo na final a Biarritz Olympique.
Este ano Francia achegou 7 equipos ó torneo, Inglaterra 6, Gales 4, Irlanda 3, Escocia 2 e Italia 2.
Calendario
Xornadas
Datas
1ª
8-9 de outubro de 2010
2ª
15-16 de outubro de 2010
3ª
11-12 de decembro de 2010
4ª
18-19 de decembro de 2010
5ª
15-16 de xaneiro de 2011
6ª
22-23 de xaneiro de 2011
Cuartos
9-10 de abril de 2011
Semis
30 de abril-1 de maio de 2011
Final
21 de maio de 2011
A Heineken Cup é a máxima competición a nivel de clubs do rugby europeo, e para que os resultados na mesma non se viran afectados pola ausencia de xogadores importantes, o calendario desta tempada estivo condicionado pola disputa dos Tests Internacionais de Outono entre as seleccións do Hemisferio Sur que visitaron as seleccións do Hemisferio Norte. Así, durante o mes de novembro fíxose unha paréntese na competición. Ademais, nos meses de febreiro e marzo do 2011 tivo lugar o Torneo das Seis Nacións de rugby, e polo tanto neses 2 meses tampouco se disputou ningún encontro da Heineken Cup.
Equipos
Este ano Francia tivo 7 equipos no torneo xa que o ano anterior fora campión un equipo deste país, o Stade Toulousain. Dos 24 equipos participantes, 3 deles participaban este ano por primeira vez nesta competición: RC Toulon, Racing Metro 92 e Aironi Rugby, o equipo italiano que foi creado este ano.
Ó remate da fase de grupos, os 6 equipos clasificados en primeiro lugar pasaron directamente á fase de cuartos de final, así coma os 2 mellores equipos restantes.
Play Offs
Os cuartos de final se xogaron o 9 e 10 de abril a partido único na casa dos 4 equipos con mellor puntuación final na fase de grupos.
O equipo franco-catalán de Perpignan xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio Olímpico Lluís Company de Barcelona diante de 55.000 seareiros, mentres que o equipo vasco-francés de Biarritz xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio de Anoeta da cidade de Donostia diante de 32.500 persoas.
O francés Romain Poite foi elixido para arbitrar a final, que comezou ás 17:00 horas.
O encontro estivo dominado totalmente por Northampton Saints na primeira metade da final, que chegou ao tempo de descanso cunha vantaxe de 22 a 6 sobre Leinster Rugby, grazas a 3 ensaios de Phil Dowson, Ben Foden e Dylan Hartley. Foi o zagueiro inglés de Northampton Saints, Ben Foden, o xogador mais destacable desta primeira metade do encontro.
Non obstante, na segunda metade o equipo de Dublín reaccionou anotando 27 puntos seguidos e deixando a cero ó conxunto inglés. O apertura irlandés de Leinster Rugby, Jonathan Sexton, acadou o nomeamento de man-of-the-match pola súa actuación na segunda metade do encontro, na que dirixiu con éxito ó seu equipo e anotou 2 ensaios, 3 conversións e 2 golpes de castigo.[1] A estrela do conxunto irlandés, Brian O'Driscoll, pasou desapercibido no encontro.
Esta vitoria por 33 a 22 supuxo o 2º título de campión de Europa para Leinster Rugby, repetindo o éxito da edición 2008-09, e o 4º para un equipo irlandés nos últimos 6 anos.
No Millennium Stadium de Cardiff houbo 72.456 seareiros de ámbolos dous equipos, ateigando as bancadas do estadio.