From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Ospreys (en galés: Y Gweilch), anteriormente Neath-Swansea Ospreys (en galés: Gweilch Tawe-Nedd), son un dos catro equipos profesionais de rugby de Gales. Compiten no Pro14, unha liga que inclúe equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica, e na European Rugby Champions Cup. O equipo fundouse no ano 2003 como resultado da fusión do Neath RFC co Swansea RFC, sendo parte do plan de creación de equipos rexionais en Gales da Welsh Rugby Union. O equipo está afiliado a múltiples clubs locais amadores e semi-profesionais, incluído equipos da Welsh Premier Division como o Aberavon RFC, o Bridgend Ravens e os propios Neath e Swansea. A área de influencia do club é coñecida de forma informal como Ospreylia.[1]
Unión | Welsh Rugby Union | ||
---|---|---|---|
Fundación | 2003; hai 21 anos | ||
Sede | Swansea, Gales | ||
Estadio(s) | Liberty Stadium | ||
Capacidade | 20.827 espectadores | ||
Presidente | Rob Davies | ||
Adestrador | Vacante | ||
Capitán | Justin Tipuric | ||
Caps | Alun Wyn Jones (238) | ||
Anotador | Dan Biggar (2.203) | ||
Ensaios | Shane Williams (57) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 4º (conferencia A) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.ospreysrugby.com/ | |||
O estadio principal do equipo é o Liberty Stadium de Swansea, recinto con capacidade para 20.827 espectadores. Con todo, teñen xogado algúns encontros de menor importancia no Brewery Field de Bridgend. O escudo do club e o alcume do mesmo en inglés osprey fan referencia á aguia peixeira, unha ave rapaz de plumas brancas e negras que representa as cores dos clubs fundadores, o branco e o negro. Actualmente o equipo xoga como local de negro e como visitante de branco e laranxa. Os Ospreys son o equipo galés máis exitoso da historia do Pro14 (antes Celtic League e Pro12), tendo gañado o campionato en catro ocasións. Alén diso, os Ospreys foron o primeiro gales en conseguir vencer aun equipo de elite de xira, conseguindo vencer a Australia por 24–16 en 2006.[2]
Os seguintes son os xogadores dos Ospreys para o Pro14 de 2019−20.[3]
A seguinte é unha lista de xogadores dos Ospreys internacionais con Gales.
Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions menrtres xogaban para os Ospreys.
Os seguintes son xogadores dos Ospreys que foron internacionais con seleccións diferentes á galesa.
A seguinte é unha lista de todos os adestradores da historia dos Ospreys.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.