From Wikipedia, the free encyclopedia
A Convención relativa ás Zonas Húmidas de Importancia Internacional, especialmente como Hábitat de Aves Acuáticas, coñecida como Convención de Ramsar, foi adoptada na cidade iraniana de Ramsar, o 2 de febreiro de 1971, e entrou en vigor en 1975. A UNESCO é a tesouraría da Convención.
Parque dunar de Corrubedo. |
É un tratado internacional sobre a conservación e a utilización responsábel das zonas húmidas e os seus recursos, sexa por regulamentación nacional, sexa por proxectos de cooperación internacional co fin de protexer un dos ecosistemas máis produtivos e pero dos máis ameazados na actualidade. Aínda que inicialmente se centraba na protección do hábitat das aves acuáticas, cos anos foi ampliando o seu ámbito de aplicación no sentido de protexer toda a biodiversidade das zonas húmidas.
O artigo 2.2 da Convención establece que:
A selección das zonas húmidas que se inclúan na Lista deberá basearse na súa importancia internacional en términos ecolóxicos, botánicos, zoolóxicos, limnolóxicos ou hidrolóxicos. En primeiro lugar deberán incluírse as zonas húmidas que teñan importancia internacional para as aves acuáticas en calquera estación do ano
Até o 14 de xaneiro de 2008, a Convención fora ratificada por 157 países, con 1.708 sitios incluídos na "lista das zonas húmidas de importancia internacional"[1], que suman 152,9 millóns de hectáreas[2].
Pódese falar principalmente de catro compromisos que adquiren as partes:
Para o seu funcionamento, a convención prevé a existencia dos seguintes órganos:
O Rexistro de Montreux é un rexistro creado na Conferencia do ano 1990, no que se recollen as zonas húmidas inscritas na lista das zonas húmidas de importancia internacional nas que se produciron, están producindo ou poden producirse cambios como consecuencia da intervención do ser humano, da contaminación ou dos avances tecnolóxicos[4].
No ano 1993 determinouse que debía ser empregado para identificar as zonas húmidas nacionais ou internacionais que requirían unha atención prioritaria. En 2017, había 48 zonas húmidas inscritas[5].
Consiste nunha misión técnica formada por dous ou tres expertos que pode ser encargada pola Secretaría, previa solicitude dun Estado parte interesado, coa finalidade de analizar a situación existente nunha zona húmida inscrita no rexistro de Montreux, asesorar sobre as medidas a adoptar e avaliar a conveniencia de eliminar a inscrición no rexistro despois da adopción das medidas indicadas, se as mesmas foron eficaces para a solución do problema[4].
No litoral galego hai cinco zonas húmidas incluídas na Lista das zonas húmidas de importancia internacional, as indicadas no cadro seguinte:[6][7][8][9]
Nome | Data de designación | Superficie | Lagoa da Frouxeira, na zona húmida Lagoa e areal de Valdoviño |
---|---|---|---|
Complexo Intermareal Umia-O Grove | 5 de decembro de 1989 | 2.561 ha | |
Ría de Ortigueira e Ladrido | 5 de decembro de 1989 | 2.920 ha | |
Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo | 26 de marzo de 1993 | 550 ha | |
Lagoa e areal de Valdoviño | 26 de marzo de 1993 | 485 ha | |
Ría de Ribadeo | 4 de outubro de 1994 | 1.740 ha |
O 2 de febreiro declarouse o día mundial das zonas húmidas, en conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.