From Wikipedia, the free encyclopedia
A Convención de Sintra, foi un acordo entre Gran Bretaña e Francia, asinado no Palacio de Queluz, preto de Lisboa, a 30 de agosto de 1808, que pechou a primeira invasión francesa de Portugal, no contexto da chamada Guerra Peninsular. Pola beira británica foi o negociador o xeneral Hew Whiteford Dalrymple.
Logo da derrota das tropas napoleónicas na batalla de Roliça (17 de agosto) e na batalla do Vimeiro (21 de agosto), o xeral Junot propuxo aos ingleses un armisticio. Despois das negociacións efectuadas en Sintra, chegouse á formulación final do documento, polo cal se permitía a retirada das tropas francesas (uns 26.000 homes), embarcadas en navios ingleses, trasportando as súas armas, bagaxes e o produto dos saqueos realizados en Portugal.
O acordo traducíuse en beneficios mutuos: Junot, carecendo de liñas de comunicación fiábeis con Francia, retiraba as súas tropas sen maiores perdas. Os ingleses obtiñan o control da capital, Lisboa, e da temida liña de defensa da barra do río Texo, sen necesidade de combate.
Os portugueses foron mantidos á marxe das negociacións, o que provocou un escándalo polo que consideraban permisividade británica coa pillaxe francesa.
Co acordo, os franceses gañaron tempo e volverían a invadir Portugal tan só un ano máis tarde.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.