Conrad Quensel

entomólogo sueco From Wikipedia, the free encyclopedia

Conrad Quensel, nado o 10 de decembro de 1767 en Ausås, Escania, Suecia, e finado o 2 de agosto de 1806 en Carlbergs, Estocolmo, foi un zoólogo, entomólogo e botánico sueco.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Conrad Quensel
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1767
Ausås parish, Suecia (en)
Morte2 de agosto de 1806 (39 anos)
Estocolmo, Suecia
Lugar de sepulturaSolna cemetery (en)
EducaciónUniversidade de Lund
Actividade
Ocupaciónentomólogo, naturalista, botánico
Familia
FamiliaQ116953792
PaiJacob Quensel

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Dicionário Biográfico Sueco (pt)
Pechar

Traxectoria

Entre 1704 a 1710 foi profesor de matemáticas en Pärnu.

E, entre 1712 e 1732, de astronomía na universidade de Lund.

Así mesmo, foi profesor de historia natural no Museo de Estocolmo.

En 1789 fixo unha viaxe a Laponia para observar o clima pero, obre todo, para recolectar bolboretas da rexión para a colección de Gustav von Paykull (1757-1826).

A partir de 1791 foi axudante de Carl Peter Thunberg (1743-1828), que era o conservador das coleccións de Uppsala.

En 1798 foi nomeado conservador da Acadameia Real de Ciencias de Suecia, na que sucede a Anders Sparrman (1748-1820).

No ano 1800 publicou un catálogo de duascentas especies de peixes das coleccións da Academia.

Comezou a traballar nun gran proxecto de zooloxía pero morreu sen poder rematalo. Desta traballo, Svensk zoologi, só apatreceron dous volumes, un en 1806, ano da súa morte, e o outro, postumamente, en 1823.

Quensel obtivo, grazas ao apoio dos seus amigos, a salvagarda da rica colección do rei Adolfo Federico (1710-1771) e da súa esposa, a raíña Luisa Ulrica de Prusia (1720-1782), que permaneron sen atención despois da morte do soberano. Este conxunto incluía numerosos espécimes que utilizou Carl von Linné (1707-1778) en varias das súas obras, incluíndo o seu famoso Systema Naturae.

Abreviatura

A abreviatura Quensel emprégase para recoñecer a Conrad Quensel como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.