concilio en Carrión de los Condes en 1130 From Wikipedia, the free encyclopedia
O concilio de Carrión foi unha concilio de cregos e nobres que se celebrou en Carrión de los Condes en 1130.
En 1123 o papa Calisto II equiparou as guerras contra os musulmáns na península coas cruzadas en Terra Santa, exhortando aos eclesiásticos a predicar estas ideas. Á súa morte, o seu sucesor Honorio II enviou ao cardeal Umberto como legado a latere , para corrixir algunhas cuestións.
O arcebispo de Santiago, Xelmírez, convocou para tal fin o concilio en Carrión, que comezou en febreiro de 1130 e que estivo presidido polo legado papal, o arcebispo de Santiago (Xemírez), o metropolitano de Tarragona (Olegario) e o rei Afonso VII. O legado dedicouse a reforzar a autoridade do rei[1] mentres Xelmírez manobraba para aumentar o seu poder, xa que depuxo aos bispos de León, Salamanca e Oviedo máis ao abade de Samos, que se opuxeron ao matrimonio do rei con Berenguela, sendo substituídos o de León e o de Salamanca por cóengos de Santiago[2]) co pretexto de asegurar estas sés para o monarca.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.